Sábado. 21.09.2019
El tiempo

3 metais costeiros no XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira

3 metais costeiros no XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira
Escena no XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira

Non paran. O pasado sábado o Clube Arte e Movemento acodía a Ribeira ó XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira que reuniu o sábado 13 de outubro no Polideportivo Municipal da Fieiteira aos mellores takwondistas galegos. Entre eles varios deportistas costeiros que ofreceron un magnífico espectáculo durante 12 horas de competición.
Ademais, a participación costeira foi destaca, pois dos 6 deportistas que competían, acadaron metal.

Este torneo levaba dous anos sen celebrarse e no seu regreso a resposta de deportistas e clubws foi espectacular con máis de 500 deportistas inscritos: Na categoría absoluta había inscritos 92 deportistas; na júnior, 125; na categoría cadete eran un total de 141 participantes, mentres que en infantís eran 153. A isto hai que sumar máis 35 árbitros e 50 adestradores, o que fixo un total de 600 participantes.

Ambiente no XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira

Esta tremenda resposta obrigou á organización a axustar os tempos dos combates e a instalar un total de 7 tapices para poder acoller a todos os taekwondistas.
No torneo utilizáronse, como vén sendo habitual en todas as competicións da Federación Galega, petos electrónicos (os que se usaron nos Xogos Olímpicos, da marca Daedo) e o “vídeo replay”.

Pola mañá disputouse a competición júnior e infantil, mentres que os cadetes e absolutos competiron pola tarde. E tal e como se esperaba, dada a importante participación existente en todas as categorías, o espectáculo foi de gran calidade e o público puido gozar coas e cos mellores taekwondistas galegos, que son ademais en moitas ocasións medallistas a nivel estatal e internacional.

Participación costeira

Arte e Movemento presentou 6 deportistas, que volveron con 3 metais.

  • Anxo Fernández, acadou o ouro en cadete (+ de 65 kg)
  • Adrián Saborido, acadou a prata en cadete ( + de 65 kg)
  • Ismael Senande, acadou o bronce en infantil (- 35 kg)

Ademais, foi espectacular a actuacion de Juan Alvarellos, nun combate moi duro, que se mantiña en empate ata que por un despiste, o portugues rival acadou a victoria nos ultimos segundos.Tamén Cristian Domínguez, que gañou o primeiro combate, pero no seguinte foi derrotado e non acadou o podio.
E Juan Luis Lista non chegou a combatir, descalificado por non dar o peso.

Novas relacionadas

Fonte
  • Arte e Movemento.

Comentarios