Martes. 17.09.2024
El tiempo

3ª Galicia: Cabana e Ameixenda ó comando

3ª Galicia: Cabana e Ameixenda ó comando
Vitoria importante do Cabana na Ponte do Porto que leva ós de Mingui ó liderato, compartido co Ameixenda que venceu ó Castrelo en xornada sabatina. O Camelle, con tres vitorias consecutivas é o que persigue ós dous líderes a un so punto. No derbi muradán ambientazo e igualada sen goles nun disputadísimo partido. MUROS 0 - VOLANTES DE BAÑO 0 MUROS: Xandre, Yerai, Banana, Iván Cerilla, Pedro, Pelos, Ramón (Lice 84´), Javi (Hugo 75´), Edu, Alvarito (Pedro 55´) e Berni (Eduardo Lariño 89´). VOLANTES: Javira, Tico (Alberto 49´), Rapante (Maceiras 24´), Juan do Sivil, Mou, Cajulo, Pardelo (Iván 49´), Raul (Yerai 86´), Godo, Mingos e Miguel. Voltou un dos derbis por excelencia dos últimos anos da Costa, o Muros - Volantes, no medio dun ambiente excepcional. O encontro foi un típico derbi de tensión pero pouco fútbol. Os Volantes acusaron as súas baixas, especialmente a da súa estrela Yanki. Deixámosvos unha espléndida reportaxe fotográfica que nos pasan dende Muros. CAMELLE 2 - LAXE 0 CAMELLE: David Caamaño, Carlos Tajes (David Vázquez 89´), Pablo, Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez (Adrián Tajes 82´), Mario, Adrián Pasantes (Tedín 80´), Sergio (Álvaro Lema 42´), Vieites e Cristian (Rodrigo 75´). LAXE: Eloy, Iván, Xosé Toja, Naya, Jacinto, Borja Iglesias, Santi (Bieito 60´), Ventura, Paredes, Adan (Jorge 72´) e Carlos (Manuel 37´)(Elías 80´). GOL: 1-0 20´Barreiro; 2-0 82'Barreiro O Laxe non puido sobrepoñerse á baixa da súa estrela Oscar Toja, e ás dúas expulsións, e caeu derrotado no Rodeiro ante o Camelle, que empeza a tomar velocidade de cruceiro, e con tres vitorias seguidas, estase a mostrar como un dos candidatos ó ascenso. Un novo gol do goleador Barreiro foi suficiente para que o equipo local se levara os tres puntos. Foron expulsados Ventura 42´e Paredes 85´ no conxunto visitante. O Laxe acordándose de Oscar Toja   CASTRELO 2 - AMEIXENDA 3 CASTRELO: Carreira, Elvis (Dani Picallo 83´), Gustavo, Mario (Nico 86´), Luis Roget, Steven, Maikol, Félix Roget (Iván 62´), Sergio, Esteban (Carballo 70´) e Germán. AMEIXENDA: David, Camacho, Oca, Bichiño, Antón (Susiño 46´), Chucho, Iago, Piquero (Alex 46´), Lagoa (Juan Antonio 46´), Pablo e Cristian. GOLES: 1-0 36´Steven 2-0 39´Sergio 2-1 63´Alex  2-2 69´Luis Roget en pp  2-3 73´Cristian Gran encontro en Vimianzo, co Ameixenda remontando no segundo tempo. Tarde de altas temperaturas en Vimianzo, tanto no climático como no futbolístico. O Castrelo saiulle respondón ó Ameixenda e a piques estivo de levarse o partido. Avisaron os locais no minuto 5 cunha clara ocasión, pero foi entre o 35 e o 40 no que se puxeron con ventaxa con goles de Steven e Sergio. No segundo tempo o Ameixenda non reaccionaba, pero unha tremenda volea de Alex meteunos no partido. Ahí viuse ó mellor Ameixenda, que remontou o encontro e ainda puido anotar algún tanto mais no treito final. PORTEÑO 0 - CABANA 1 PORTEÑO: Manu, Marcos, Curra, Sergio (Wii 46´), Manu Castiñeiras, Jose, Jorge Simaria, Mario (Xoel 63´), Luis (Martín 73´), Jorge Velo (Ismael 46´) e Pardiñas. CABANA: Víctor, Djamel, Raúl, Fernando, Manolo, Reigía (Manu Borneiro 73´), Ferreiro, Alberto, José (Simón 84´), Pablo (Castro 68´) GOL: 0-1 4´Pablo Primeira media hora moi boa do Cabana, que lle permitiu adiantarse nun remate de Pablo na area tras un rexeite. O Porteño estirouse no último cuarto de hora do primeiro tempo, e Víctor sacou unha man fenomenal, e o longueiro evitou o empate dos locais noutra xogada. O segundo tempo foi igualadísimo, foille anulado un gol ós locais, e a mais clara ocasión tivoa o cabana nun remate de Jose Angel que un defensa desviou ó longueiro cando xa se cantaba o gol. Golpe de autoridade do Cabana nun dos campos complicados da categoría. CORCUBIÓN 3 - NANTON 3 CORCUBIÓN: Marcos, Dantés (Porto 87´), Mario Suárez, Pabliño, Coben (Adri 57´), Rubén, Gabi (Alex 80´), Cote, Lema, Rama (Tito 6´) e Antón Lestón (Samu Trillo 65´). NANTÓN: Guille, Silvariño, Pablo Romero, Gavín, Diego, Pereira, Fabio (Carlos Vidal 66´), Lareu (Iván Moreira 46´), Pastoriza, Martin e Christian (Martín Varela 76´). GOLES: 0-1 20´Lareu   1-1 25´Cote   1-2 39´Fabio   2-2 42´Antón Lestón   3-2 61´Coté   3-3 89´Pablo en pp Non acaba de arrancar o Corcubión que onte cediu un empate sobre a hora. O primeiro tempo foi moi intenso e con goles, 2-2 ó descanso e a sensación de que ían caer mais. Así foi, Coté adiantou cun cabezazo ó Corcubión, pero cando xa se saboreaba a vitoria no equipo local un mal despexe de Pabliño doulle a igualada ó Nantón. SP.SEAIA 5 - OUTES B 2 SP.SEAIA: Jose, Alex Costa, Changui (Jorge 69´), Alvaro (Javi 59´), Bili, Reigia (Muíño 73´), Chols, Parga, Suarez, Mara (Darío 81´) e Vistas. OUTES B: Raúl (Turnes 67´), Cesar, Lago (Fran 46´), Christian, Juan Caamaño, Saul, Serxio (Jasón 57´), Joel, Nieto (Aitor 24´), Breno (Bruno 49´) e David Brea. GOLES: 0-1 4´Serxio   1-1 11´Bili   2-1 20´Chols   2-2 24´Serxio   3-2 43´Changui   4-2 64´Javi   5-2 78´Vistas Bo partido do Seaia que impuxo a súa superioridade ante o filial do Outes, sobre todo no segundo tempo, pois no primeiro os de Outes plantaron ben cara ó equipo da Pedra Queimada.

Comentarios