Luns. 09.09.2024
El tiempo

3ª Galicia: igualdade por arriba

3ª Galicia: igualdade por arriba
Empeza a estar moi interesante a 3ª Galicia. Os partidos están moi igualados e hai un grupo de equipos loitando por meterse nas plazas altas que non van a ceder ata ben entrado o campeonato. Camelle e Nantón gañaron con solvencia. O Cabana sufriu para impoñerse ó Corcubión, e no resto de encontros tivemos igualadas. Ten pinta de que vai a ser a tónica habitual de aquí ó final de liga. LAXE 1 - CASTRIZ 1 LAXE: Eloy, Iván, Naya, Jacinto, Borja Iglesias, Felipiño, Paredes, Elías, Manu (Bieito 46´), Oscar Toja (López 35´) e Jorge (Carlos 55´). CASTRIZ: Alvaro, Rubén, Carlos, Adrián, Mata, Kevin (Nakata 73´), Steven, Iván Castro, Pastoriza, Raúl e Landeira (Amarelle 85´) GOLES: 0-1 10´Mata   1-1 35´Paredes de pti Igualado partido entre dous favoritos en Laxe. Adiantouse o Castriz con un tanto dun dos seus mellores homes, o centrocampista Mata, e mediado o primeiro tempo igualou o Laxe de penalti. Os locais acusaron a lesión da súa figura Oscar Toja e a pesar e buscar o gol con insistencia non foron quen de atopar a vitoria. Foi expulsado no 89´Felipiño por parte local. OUTES B 1 - CAMELLE 3 OUTES B: Antón, Cesar, Rubén (Sergio Nieto 60´, Juan, Christian, Edu, Paullo (Breno 46´), Joel, Fran Lires (Jasón 27´), Sergio (Torea 46´) e David Brea CAMELLE: David Caamaño, Sergio (Carlos 75´), Rubén, Barbeito, Tedín (Romero 57´), Barreiro, Angel Riveiro, Mario, Adrián Pasantes (Adrián Tajes 79´), Cristian Lema (Rodri 67´)e Álvaro. GOLES: 0-1 32´Angel Riveiro   1-1 50´Jasón   1-2 53´Barreiro   1-3 70´Barreiro de pti Formación do Camelle no último partido como local Costoulle ó Camelle derrotar a un filial do Outes moi respondón, que logrou igualar ó inicio do segundo tempo o gol inicial de Ángel Riveiro, pero que acusou o segundo tanto de Barreiro, inmediatamente despois do empate. O goleador Barreiro anotou por partida doble, mostrando que se pilla a xeira boa pode ser un home fundamental neste novo Camelle con aspiracións a todo. VOLANTES 2 - SP.SEAIA 2 VOLANTES DE BAÑO: Rubén, Tico, Rapante (Gutiérrez 57´), Juan do Sivil, Cajulo, Pardelo, Riki, Alberto, Dani, Mingos (Yerai 74´)e Maikel. SP.SEAIA: Jose, Alex Costa, David (Sergio Carracedo 54´), Elvis, Adrián (Jorge 72´), David Pérez (Fran 59´), Carlos (Alvaro 68´), Vistas, José Suárez, Mara e Javi GOLES: 0-1 18´Adrián   1-1 29´Rapante   2-1 33´Juan do Sivil   2-2 75´Alex Costa   Seaia e Volantes saíndo ó campo Partido moi bonito e igualado no Eleuterio Balayo muradán, entre un Seaia que non acaba de arrancar e un Volantes chamado a todo nesta liga. Foi expulsado Elvis por parte visitante no 89´. Adiantáronse os malpicáns pronto por medio de Adrián, pero antes do descanso o Volantes remontou o partido e foise ganando ós vestiarios. O acoso visitante foi forte no segundo tempo e así chegou a igualada definitiva no 75´, por medio de Alex Costa. AMEIXENDA 1 - MUROS 1 AMEIXENDA: Maikel, Susiño (Piquero 74´), Oca, Bichiño, Camacho, Yago, Jesús, Adán (Juan 13´), Pablo (Anton 76´), Cristian e Castreje. MUROS - Xandre, Yerai (Sergio 89´), Pedro (Lariño 80´), Brea, Iván Cerilla, Pelos, Javi, Ramón, Edu, Alvarito (Lice 70´) e Banana (Hugo 54´) GOLES: 0-1 17´Pelos de pti   1-1 36´Cristian Partido igualado con moito xiareiro muradán no graderío. Saíu dominador o Ameixenda, enlazando tres boas ocasións nos primeiros minutos. Non se descompuxo o Muros e na súa primeira chegada, penalti de Bichiño, e Pelos adianta ós visitantes no marcador. O Ameixenda acusou o gol e non atopaba o seu fútbol, ata que nun corner o pichichi Cristian aproveitou o rexeite do porteiro para iguala. Pelos anotou de penalti O segundo acto foi de dominio local. O Muros buscou descaradamente as contras, pero sin moito perigo. As dimensións do terreo de xogo pasaron factura ós visitantes, que defenderon e deron por bo o empate. O Ameixenda, a pesar de contra con múltiples ocasións, non estivo acertado cara a meta rival. A loita no centro do campo foi intensa NANTON 4 - CASTRELO 2 NANTÓN: Guille, Silvariño, Pablo Romero (Martín 46´), Gavín, Diego Bello, Carlos Vidal, Fabio, Lareu, Diego Pastoriza, Bardanca e Christian Pazos. CASTRELO: David Carreira, Oscar (Iván 46´), Gustavo, Fabio (Picallo 63´), Luis (Nico 63´), Mario, Maikol, Steven, Esteban (Elvis 46´), Felix e Germán. GOLES: 1-0 9´Christian Pazos    2-0 11´Carlos Vidal   3-0 13´Pastoriza   4-0 61´Christian Pazos   4-1 70´Germán   4-2 78´Steven Formación do Castrelo Partido sinxelo para o Nantón que se lle puido complicar nos intres finais, pois o Castrelo fixo un amago de remontada que se quedou niso. Ós 13 minutos o Nantón gañaba 3-0 con total solvencia, tras os goles de Christian, Carlos Vida e Pastoriza. A partir de ahí o conxunto local relaxouse e deixouse levar, aínda que anotou un tanto mais na saída do segundo tempo. O Castrelo, moi voluntarioso, a piques estivo de dar un bo susto. CABANA 4 - CORCUBIÓN 3 CABANA: Víctor, Djamel, Sergio, Isma, Raúl, Reigía (Manu Borneiro 59´), Mateo, Diego Varela (Alberto 54´), Fernando, Pablo (Laik 46´) e Alex (Alessandro 27´) CORCUBION: Abe, Adri, Mario Suárez, Pabliño, Cobenta (Asier 60´), Rubén (Luis Lojo 65´), Cote, Rama (Antón 68´), Tito (Jon 53´), Alex (Roi 46´) e Lema GOLES: 1-0 8´Sergio   1-1 33´Mario Suárez   1-2 46´Lema   1-3 50´Lema   2-3 60´Djamel   3-3 76´Fernando   4-3 89´Sergio O Cabana levou tres puntos ben traballados Vaia partidazo se viu onte en Cabana. O Corcubión parecía que tiña os puntos no bolsillo co 1-3 pero nun alarde de garra e fútbol ofensivo o Cabana remontou e levouse o encontro sobre a bocina. O primeiro tempo foi igualado. O Cabana marcou na súa primeira ocasión. O Corcubión foise ó ataque e Mario tras boa combinación con Cote logrou a igualada. No segundo tempo dous tantos de Lema daban clara vantaxe ós visitantes, pero primeiro Djamel e logo Fernando de penalti igualaron. Alessandro lanzou un tremendo tiro ó longueiro, e contra o final un disparo lonxano de Sergio levou o delirio ás gradas.

Comentarios