3ª Galicia: o Cabana pilla a cabeza
13:42 23/10/17
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
O partido da xornada caeu do lado do Cabana, o que o sitúa no liderato en solitario. Os dous equipos de Muros fan de perseguidores despois de sendas vitorias apretadas, xunto cun Ameixenda abonado a encontros de moitos goles. O filial do Outes conseguiu a primeira vitoria da tempada.
CABANA 1 - NANTÓN 0
CABANA: Víctor, Fernando, Djamel, Ismael, Raúl, Mateo, Dani Reigía (Diego Varela 77´), José Ángel, Pablo Pose (Alessandro 57´), Sergio (Alberto 57´) e Manolo
NANTÓN: Guille, Silvariño (Eloy Moreira 77´), Pablo, Gavín, Diego, Carlos Vidal, Fabio (Cristian 60´), Pereira (Daniel Bardanca 82´), Pastoriza (José Manuel 77´), Martín e Lareu
GOL: 1-0 73´Dani Reigía
Moito público nas Redondas para ver o partido da xornada, derbi local en pugna polo liderato. Foi un encontro moi bonito e disputado, de poder a poder. Igualdade no primeiro tempo, cunha clara ocasión de Ismael nun remate de cabeza que saíu fora por pouco. O Cabana reclamou un posible penalti a Reigía. No segundo tempo dominou o cadro local, pero o Nantón defendeuse moi ben. Unha xenialidade de Reigía permitiu ó Cabana levarse os importantes puntos en xogo.
PORTEÑO 3 - AMEIXENDA 3
PORTEÑO: Jonathan, Marcos, Curra, Caamaño, Manu, Vicente, Jorge (Sergio 70´), Cousillas, Velo (Wii 62´), Isma (Xoel 88´) e Luis (Manu Canosa 89´)
AMEIXENDA: Poke, Oca, Samu, Camacho, Castreje, Iago (Piquero 55´), Susiño, Bichiño (Santi 74´), Chucho (Pablo 82´), Cristián, Bicho (Andrés 62´)
GOLES: 1-0 23´Isma 1-1 55´Chucho de pti 2-1 76´Wii de pti 3-1 83´Isma 3-2 85´Oca 3-3 89´Oca
Partido igualadísimo e emocionante na Grixa. O Porteño foi mellor no primeiro tempo, máis acostumado ás dimensións do campo. Tras un par de claras ocasións de gol Isma adiantou ós locais nunha falta. Tras o descanso o Ameixenda interpretou mellor o partido, presionou ó conxunto local, e igualou de penalti. En 7 minutos o Porteño ponse 3-1, e cando o partido parecía sentenciado, o Ameixenda foise arriba, sen nada que perder, con Diego Oca de dianteiro centro, e dou bo resultado, pois anotou os dous tantos que permiten a igualada dos visitantes, nun trepidante encontro.
CORCUBIÓN 1 - VOLANTES 2
CORCUBIÓN: Abe, Mario, Rubén (Rama 82´), Cote, Antón (Roi 65´), Lema, Dantés (Samuel Trillo 82´), Gabri, Adrián (Alex 72´), Tito (Cobe 72´), Pabliño
VOLANTES: Javira, Tico, Juan do Sivil, Mou, Thiago, Cajulo (Mingos 89´), Yanki (Rapante 89´), Pardelo, Godo (Raul 46´), Ricardo, Miguel
GOLES: 0-1 19´Thiago 1-1 28´Coté 1-2 82´Yanki
Espulsado Ricardo 86´
Os erros defensivos condenaron ós locais unha vez mais. Adiantouse o Volantes cun gran disparo de falta de Thiago dende a frontal. Pouco despois igualou Coté, e ata o descanso o Corcubión tivo opcións de adiantarse no marcador. O Volantes mandou un balón ó pao, e a pouco do final o oportunista Yanki anotou o tanto que lle dou os importantes puntos ó conxunto de Sil.
CASTRELO 1 - OUTES B 2
CASTRELO: Carreira, Elvis, Mario (Gustavo 46´), Juan, Luís Roget, Esteban (Nico 65´), Félix Roget (Dani Picallo 60´), Steven, Martín, Lema e Iván Caamaño (Sergio Lema 46´)
OUTES B: Raúl, Cesar, José, Rubén (Fabio 80´), Juan, Saúl, Sergio Lado (Sergio Nieto 85´), Fran, Bruno (Jasón 63´), Breno (Paullo 60´) e David Brea (Raúl Pazos 89´)
GOLES: 1-0 39´Félix Roget 1-1 52´David Brea 1-2 81´Sergio Lado
Primeira vitoria do filial nun partido moi igualado, que os de Outes remontaron no segundo tempo o gol inicial de Félix para o Castrelo.
MUROS 2 - LAXE 1
MUROS: Xandre, Yerai, Banana, David Brea (Lice 85´), Iván Cerilla, Pelos (Edu 37´), Ramón, Manu (Pedro 71´), Berni, Alvarito (Hugo 56´) e Canote
LAXE: Eloy, Iván, Toja, Naya, Borja, Jorge (Samuel 46´), Paredes, Elías (Santi 46´), López (Jacinto 76´), Adan e Ventura (Gora 46´)
GOLES: 1-0 21´Iván Cerilla 1-1 44´Ventura 2-1 68´Canote de pti
Partidazo costeiro en Muros, onde dous candidatos ó ascenso se viron as caras. O Muros presentou as súas opcións a volver á liga da costa ó derrotar a un dos equipos que debe loitar polo mesmo. Adiantáronse os locais por medio de Iván Cerilla, pero igualou Elías Ventura a pouco do descanso. Un penalti transformado por Canote doulle a vitoria ós locais, e no mesmo expulsouse Toja, así que as opcións do Laxe quedaron moi limitadas. A vitoria foi dedicada ó seu xogador Javi Pelos, que rompeu un dedo dun pe e tivo que ser trasladado en ambulancia.
Pelos rompeu un dedo do pe
SP.SEAIA 1 - CASTRIZ 0
SP. SEAIA: Recarey, Alex, Miguel (Alvaro 46´), Changui (Jorge 75´), Sergio, Darío (Elvis 67´), Chols, Parga, José, Mara e Vistas
CASTRIZ: Alvaro, Toniño, Carlos, Adrián, Jose (Iván Castro 63´), Kevin (Martín Negreira 78´), Steven, Nakata, Iván Pastoriza, Raúl e Landeira
GOL: 1-0 44´Chols
Mostrou as súas posibilidades o Seaia por fin derrotando ó Castriz en Pedra Queimada. Un gol do interior Carlos Chols, en vena goleadora, doulle a vitoria ós de Martuxa nun partido moi competido.