3 equipos máis nas Ligas de Xuvenís e 2 menos nos Cadetes

- Última hora: O Castriz retirou o equipo a última hora.
22 equipos en Xuvenís

22 equipos (4 equipos máis que o ano pasado) competirán nos dous Grupos da 1ª Autonómica Xuvenil do Fútbol da Costa. 11 equipos en cada grupo. No Norte aparece por primeira vez o Sofán, facendo valer o traballo de canteira dos últimos 5 anos. Tamén nace o San Lorenzo e o Laxe.
Por Sur, volve competir o Soneira, mentres que o Muxía pasa para o grupo Sur. A última hora o Castriz retirou o seu equipo da competición.
As Ligas arrincan o 3 de setembro, e a primeira fase remata o 28 de xaneiro. En febreiro volveremos ver o grupo dos campións entre os 3 mellores de cada grupo, e a sosa fase previa da Copa entre o resto de equipos.

13 equipos nos Cadetes

Pola contra, os Cadetes terán só 13 equipos, polos 15 do ano pasado. Da fusión do CD Baio e o Sp. Zas nacen as Escolas Deportivas do Concello de Zas, con Corredoira á fronte. O que non competirá este curso será o Muxía.
A Liga comezará o 17 de setembro e rematará o 1 de abril.
Novas relacionadas
- Xa temos os calendarios completos da 2ª e 3ª Autonómica.
- A Liga da Costa terá 16 equipos na 2017/2018.
- Os calendarios de Pref. e 1ª estrean a tempada 2016/2017 en www.futboldacosta.com.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).