5 costeiros coa Selección Galega de Volei ao Campionato de España
07:54 28/03/16
O vindeiro 30 de marzo dará comenzo en Murcia o Campionato de España de voleibol de Seleccións Autonómicas, e alí teremos un total de 5 representantes do volei costeiro.
Na categoría infantil masculina serán 2 xogadores do equipo do Manuela Rial Mouzo os convocados ca Selección Galega. Xabier Larrañaga e Sergio Castro deberán presentarse na mañá do sábado no Pabellón da Cachada en Boiro, en donde permanecerán concentrados para preparar o Campionato de España ata o luns día 28. Dende alí partirán o mesmo luns ata Murcia co resto do combinado galego
Para Xabi será o seu 2º Campionato de España de Seleccións Autonómicas, xa que o ano pasado xa estivo en Valladolid defendendo os cores galegos,mentras que Sergio fará o seu debut nun Campionato nacional.
Ademáis o preparador do Volei Dumbría, Gurutz Larrñaga formará parte como 2º entrenador do cadro técnico da Selección Galega infantil masculina.
Na selección cadete masculina será Unai Larrañaga do Volei Dumbría, o encargado de representar o voleibol da Costa da Morte. Unai acude o seu 4º Campionato de España de Seleccións, onde xa consegueu unha medalla de bronce na categoría infantil no ano 2014. O plan de adestramentos de esta Selección será o mesmo co da categoría infantil e tamén estarán concentrados en Boiro dende o sábado ata o luns, dende onde partirán ata Murcia para comenzar o Campionato o mércores día 30 ata o sábado día 2 de abril que rematará.
E formando parte do corpo técnico da Selección infantil femenina estará o adestrado do Volei Dumbría, Juan Carlos Suárez, máis conocido como Charlie, que fará o seu debut nun Campionato de España de Seleccións Autonómicas. As selección femininas concentraranse en Noia o sábado e partirán o luns ata Murcia
Iremos informando do transcurso do Campionato e dos resultados das diferentes Seleccións.
Crónicas da tempada
- Pleno de vitorias no comezo da segunda fase para a familia do volei costeiro.
- Unha maratoniana xornada con sabor doce para a familia do Volei Dumbría.
- Fin de semana de volei “internacional” no Conco.
- 3 costeiros concéntranse no Conco ca Selección Galega de Volei.
- As cadetes do Volei Dumbría tamén saben remontar.
- Os e as cadetes sacan do Volei Dumbría sacan as castañas do lume.
- Volei Dumbría: Os mozos ao poder.
- Máis derrotas que vitorias neste comezo de ano para a familia do Volei Dumbría.
- Case pleno para a familia do Volei Dumbría.
- As cadetes do Volei Dumbría collen carreira.
- Os infantís do Manuela Rial seguen invictos na Liga Galega Infantil de volei.
- Triple vitoria da familia do Volei Dumbría a todo un Emeve.
- O Volei Dumbría case fixo pleno de vitorias na fin de semana
- Dúas vitorias das categorías base do Volei Dumbría ante San Sadurniño.
- Os técnicos Volei Dumbría tamén supervisan as accións da base galega.
- Os sénior do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- As cadetes do Volei Dumbría sucumben no tie-break ante o Zalaeta.
- Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría.
- 6 equipos do Volei Dumbría volven a competición.
Novas relacionadas
Fonte
- Volei Dumbría.