5 xogadores do volei costeiro xa están ca Selección Galega en Valladolid
Non para de darnos alegrías o voleibol costeiro. Despois do Campionato de España no que os cadetes do Volei Dumbría quedaban entre os 15 mellores equipos de toda a xeografía española, coñecemos que ata 5 xogadorees dese equipo disputarán coa Selección Galega o Campionato de España por Seleccións Autonómicas (CESA) nas categorías infantil e cadete.
Así, os 5 xogadores do Voleibol Dumbria e Manuela Rial xa están en Valladolid, onde dende hoxe e ata o-sábado defenderán a camiseta da selección galega.
Na categoria infantil o central Marco Lado e o receptor Unai Larrañaga debutan o mércores ante Murcia (12:30) para pola tarde xogar contra Madrid. Nos cadetes o central Gabriel Trillo, o colocador Manuel Marcote e o oposto Javier Domínguez debutan ante Madrid para continuar despois ante Cataluña.
O obxetivo destes rapaces será mellorar disputando encontros cos mellores xogadores nacionais da súa idade e intentar mellorar as clasificacións de anos anteriores.
Novas relacionadas
- Os cadetes do Volei Dumbría, entre os 15 mellores equipos de España.
 - Os cadetes do Volei Dumbría loitarán por quedar entre os 13 primeiros.
 - Os cadetes do Volei Dumbría viaxan a Badajoz ao Campionato de España.
 - 3 infantís do Manuela Rial á Selección Galega de Volei.
 - O Volei Dumbría non puido facerse co título galego pero disputará o Campionato de España.
 - O Manuela Rial Mouzo, subcampión galego infantil de voleibol.
 - O Manuel Rial de Volei triple campión interzonal.
 - 13 xogadores do Volei Dumbría nas Seleccións Galegas.
 - Os Cadetes do Volei Dumbría tamén son Campións da Liga Galega.
 - Os infantís do Manuela Rial xa son Campións da Liga Galega de Volei.
 
Máis novas
- Dumbría prepara un verán deportivo de vertixe.
 - Dumbría é Deporte.
 - 2012: O Volei costeiro entre os 9 mellores de España.
 
Fonte
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.