Os cadetes do Volei Dumbría loitarán por quedar entre os 13 primeiros


- Última hora: Os cadetes caeron no terceiro partido por 3-1 e só lles queda loitar por quedar o máis arriba entre a 12ª e a 24ª praza.
Xa están en plena competición. Os cadetes do Volei Dumbría xa están en Badaxoz disputando o XVII Campionato de España de Voleibol. E as primeiras novas son dispares, pois no primeiro día os de Luís Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga colleitaron unha de cal e unha de area.
Debutaron con vitoria por 3-2 contra o Volei Huelllin, o campión de Albacete, nun choque tremendamente apretado que houbo que decidir nos últimos puntos. Pero pola tarde, tocaba derrota, e por 3-0, ante o potente Don Benito, que vencían os seus dous primeiros partidos por idéntico resultado, e que parece un dos favoritos.
Aínda así os nosos teñen posibilidades de pasar de ronda sempre que se clasifiquen de segundos.
É o delegado César Ferrío o que está facendo de locutor a través das redes sociais (perfil do Volei Dumbría xa!!), mantendo en vilo a toda a parroquia dumbriesa e costeira, pois cómpre lembrar que no equipo hai xogadores de toda a redonda.

Novas relacionadas
- Os cadetes do Volei Dumbría viaxan a Badajoz ao Campionato de España.
- 3 infantís do Manuela Rial á Selección Galega de Volei.
- O Volei Dumbría non puido facerse co título galego pero disputará o Campionato de España.
- O Manuela Rial Mouzo, subcampión galego infantil de voleibol.
- O Manuel Rial de Volei triple campión interzonal.
- 13 xogadores do Volei Dumbría nas Seleccións Galegas.
- Os Cadetes do Volei Dumbría tamén son Campións da Liga Galega.
- Os infantís do Manuela Rial xa son Campións da Liga Galega de Volei.
Máis novas
- Dumbría prepara un verán deportivo de vertixe.
- Dumbría é Deporte.
- 2012: O Volei costeiro entre os 9 mellores de España.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).