Martes. 21.05.2024
El tiempo

55 rapaces de Muxía, Camariñas, Vimianzo e Fisterra forman a familia do badminton na Costa

55 rapaces de Muxía, Camariñas, Vimianzo e Fisterra forman a familia do badminton na Costa
O Club Deportivo Costa da Morte organizou esta pasada fin de semana o 1º Cto Comarcal de Bádminton da temporada 2010-2011. A competición celebrouse no polideportivo de Camariñas e nela participaron un total de 55 xogadores pertencentes ás escolas deportivas dos concellos de Camariñas, Fisterra, Muxía e Vimianzo. Ó remate da competición celebrouse un partido de exhibición entre Rafael Vázquez (9 veces campión galego absoluto) e Fran Pais pertencente ó Centro de Técnificación da Estrada e natural de Camariñas.

Clasificacións

A clasificación en categoría benxamín foi a seguinte:
  • 1º Jorge Quintáns (Concello de Vimianzo)
  • 2º Angela Pérez (Concello de Camariñas)
  • 3º Borja Sar (Concello de Camariñas) e Isaac Fábregas (Concello de Fisterra)
En categoría alevín:
  • 1º José M. Suárez (Concello de Vimianzo)
  • 2º Damian Conde (Concello de Vimianzo)
  • 3º Pablo Súarez e Pablo Rodríguez (Concello de Camariñas)
Na categoría infantil feminino:
  • 1º Karen Rodríguez (Concello de Camariñas)
  • 2º Alba Pérez (Concello de Muxía)
  • 3º Isabel Baña (Concello de Camariñas)
Na categoría infantil masculino:
  • 1º David Pasantes (Concello de Camariñas)
  • 2º Xosé Marcote (Concello de Fisterra)
  • 3º Gabriel Rodríguez (Concello de Fisterra)
Na categoría cadete feminino:
  • 1º Rosa Lago (Concello de Muxía)
  • 2º Estela Lopez (Concello de Camariñas)
  • 3º Celia Fiegueiroa e Antía Sar (Concello de Muxía)
Na categoría cadete masculino:
  • 1º Adrián Alcaina (Concello de Muxía)
  • 2º Antonio Amigo (Concello de Muxía)
  • 3º Eduardo Vilela e Víctor Alcaina (Concello de Muxía).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Costa da Morte da man de Víctor Santos.

Comentarios