Tras ollas as interesantes Eliminatorias de Copa da Previa dos maiores e semis dos xuvenís en www.copadacosta.com xa podemos ir facendo un repaso completo á xornada dominical. Iso si, de paso metemos un ollo no novo blog de MOTOR de QPC.
Éxito no balonmán
Antes de ir co fútbol, hai que facer mención ao Balonmán Camariñas Conservas Boya, que se convertía en Campión da 1ª Autonómica de Balonmán e se clasifica para a Fase de Ascenso á 1ª División Nacional. Este martes traeremos a crónica completa do título.
Imos xa co fútbol
E hai que comezar o repaso á xornada co tremendo Soneira, que se está convertindo en xuíz da competición. Hoxe vencía por 3-4 ante o líder, o Betanzos, e tras ir perdendo por 3-1. Parece que os grandes dánselle fenomenal aos de Manolito.
Na 1ª, boas novas para Xallas e Dumbría, pero malas para o Cee. Xalleiros e dumbrieses achéganse cada vez máis ao soño do ascenso tras vencer en encontros relativamente fáciles. Pero fallou o Cee, e cando a Costa máis o necesitaba. Os de Pato, malia poñerse por diante, perderon por 1-2 ante o Sada, un dos implicados na loita polo ascenso, e din matematicamente adeus ás súas opcións. O que si fallou é o Unión ante o Estudiantil e quedan a 2 puntos dos líderes.
Na Liga da Costa, o Ponteceso xa se proclamou campión matematicamente. Así que a atención ten dous focos. Muros e Sofán seguen loitando pola 3ª praza coa maior igualdade. E por abaixo, o Carnota pasa ao Porteño e os de Gerpe xa non dependen do Camariñas para manter a categoría. Agora é o Carnota o que se salvaría de ascender o equipo de Manolín. Ademais, se os de Nito gañan os dous últimos encontros e o Baio os perde, sería o Baio o que se metería nesa 3ª praza perigosa.
Preferente, xornada 36
Betanzos
3-4
Soneira
1ª Autonómica, xornada 32
Atl. Arteixo
6-0
Zas
Cee
1-2
Sada
Xallas
2-0
Cambre
Calo
1-4
Dumbría
2ª Autonómica, xornada 32
Porteño
0-1
Club do Mar
Sofán
4-1*
Dumbría B
Vimianzo
1-3
Corme
Buño
2-2
Muros
O Pindo
1-2
Carnota
Fisterra
1-2
Camariñas
Esteirana
1-2
Castriz
Malpica
0-1
Ponteceso
San Lorenzo
0-1
Baio
* Sofán e Dumbría B alteraron a orde dos encontros e xogaron a ida en Dumbría e a volta no Carral.
3ª Autonómica
Lira - At. Pereiriña (3-2) - Encontro suspendido na derradeira xornada por incomparecencia do colexiado.