mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Carnota achégase ao Porteño tralo parte de sancións

O Carnota achégase ao Porteño tralo parte de sancións
A primeira nova do parte de sancións é que o Carnota suma 3 puntos polo encontro ao que non se presentou o Vimianzo. O Comité deixa o resultado nun 3-0 para os carnotáns e 2 puntos para o Vimianzo, que tampouco lle inflúen demasiado. Volvendo á 1ª (non á Copa Xuvenil como indica o parte) o ceense Penedo ve reducida a súa sanción de 7 a 3 encontros, e como xa os cumpriu poderá xogar este domingo. Ademais hai novidades na 3ª da Costa, xa rematada. O Comité sanciona a varios xogadores do Alcaián e do Independiente de Carballo con ata 6 encontros. E por outra banda, o Lira-Pereiriña que non se disputaba por incomparecencia do colexiado, xogarase este sábado 16 de abril ás 17:00h en Lombáns (malia que onte a Federació indicaba que era ás 18:00h).

Detalles para as fichaxes na Copa da Costa

E ante as dúbidas que varios equipos amosaron ante as novas fichas de cara a Copa, e para evitar posibles aliñacións indebidas, a Federación informa de que para a Copa da Costa 2011 "só se poderá fichar a xogadores que xogases en categorías diferentes, ou en grupos distintos dentro da mesma categoría; e no caso de pertencer á mesma categoría pero se non tivese xogado 5 ou máis partidos".

Sancionados

1ª Autonómica

  • IVAN PEQUEÑO LOURO (DUMBRIA - 2 partidos).
  • RICARDO AGRA TOJO Delegado XALLAS 1 Semana).
  • JOSE R IGLESIAS VIGO (XALLAS).

2ª Autonómica

  • JUAN MANUEL CALVO SUAREZ (FISTERRA).
  • JOSE PIÑEIRO ABEIJON (ESTEIRANA).
  • JAVIER PENSADO GARCIA (SAN LORENZO).

3ª Autonómica

  • ANDRES PARIS PAZOS (ALCAIAN 2 partidos).
  • VICTOR M PAZOS RECAREY (ALCAIAN - 2 partidos).
  • MANUEL TORRES MANTEIGA (INDEPENDIENTE CARBALLO - 6 partidos).
  • JESUS NOYA NOYA (INDEPENDIENTE CARBALLO - 4 partidos).

Copa da Costa

  • ALBERTO ORDOÑEZ PEREIRA (MALPICA).
  • MANUEL J PARDO AÑON (MALPICA).
  • IVAN CAAMAÑO GONZALEZ (MUROS).

Segunda cadete

  • EMILIO CORZON MOURELLE (Colabor. C.D. BAYO).
  • ALEJANDRO VILELA CANOSA (FISTERRA).
  • MANUEL GONZALEZ ALMALLO (Delegado OUTES 1 Semana).

Encontros cos horarios modificados

1ª Autonómica

  • ATL. ARTEIXO - ZAS: sábado 16/4 ás 18:30h na Ponte dos Brozos.

2ª Autonómica

  • PORTEÑO - CLUB DO MAR: sábado 16/4 ás 17:00h no Hermanas Patiño.

3ª Autonómica

  • LIRA - ATL. PEREIRIÑA: sábado 16/4 ás 17:00h en Lombáns {Partido non Disputado na xornada n.º 30 do 3 Abril, pola non presentación do Colexiado}

Copa da Costa

  • MAZARICOS - PONTECESO: sábado 16/4 ás 17:00h no Peña do Ouro.

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios