Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os vimianceses do Dist. Barral álzanse coa Liga de FS de Cee

Os vimianceses do Dist. Barral álzanse coa Liga de FS de Cee

Acollía o Pavillón de Cee a gran finalísima da Liga de Fútbol Sala de Cee este luns 12 de abril. Os fisterrán do Bar Bujeiro intentaban arrebatarlle o liderato aos vimianceses do Distribuciones Barral. Pero a supremación vimiancesa continúa xa que venceron na última xornada aos fisterráns por un rotundo 4-0.

Con esta vitoria, Distribuciones Barral é o novo campión da 1ª División da Liga FS de Cee 2010/2011.

Dist. Barral - Bar Bujeiro (4-0)

  • Dist. Barral: Marcos (José Ángel), Míchel, Jemisa, Fran de Urroa, Jorge, Bruno, Manel, Jose.
  • Bar Bujeiro: Rafa, Mario, Roco, Roa, Josiño, Juan Jesús, Jose de Atalaya, Aitor, Eusebio.
  • Goles: 1-0, min.10: Míchel; 2-0, min.25: Jemisa; 3-0, min.35: Míchel; 4-0, min.37: José Ángel.

Máis combinativo estivo o Distribuciones Barral, que se amosou como un equipo compacto en todo momento. Os fisterráns intentaron romper a liña defensiva.

Míchel, pichichi da Liga, foi o auténtico motor vimiancés, i é que o capi do Soneira parece que ten 20 anos.

Máis Liga

A falta de esta semana para finalizar a Liga as cousas están do seguinte xeito. De 1ª descenderá o Ferroatlántica e Galfcar Instalaciones.

Ademais, ascenden á 1ª o Panadería Pichín e Café do Mar.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios