mércores. 04.12.2024
El tiempo

6 equipos costeiros poderían perder a categoría polos arrastres

6 equipos costeiros poderían perder a categoría polos arrastres
Corme e Baio virianse afectados polos arrastes Corme e Baio virianse afectados polos arrastes

Pode ser unha temporada de moitos descensos esta. Ata 10 equipos do Fútbol da Costa poderían perder a categoría esta tempada, tendo en conta os descenso directos e os arrastres. Un problema que xa vén da 2ªB, onde esperemos que se salve o Celta B a pesar de que o Compostela ten un pé na 3ª División. Deste xeito, da 3ª baixarían 5 equipos, dos que 4 (Mugardos, Bergantiños, Ribadeo e Noia) o farían ao Grupo Norte da Preferente, o noso.

A partir de aí comezan os problemas para os nosos. Da Preferente Norte baixarían agora mesmo 7 equipos. Co Dumbría xa practicamente sentenciado (sepárano 10 do descenso directo e 13 dos posibles arrastres), o Xallas, en clara liña ascendente tras 3 vitorias e 1 empate nas 3 últimas xornadas, a día de hoxe estaría tamén descendido. Non está lonxe a salvación, a 5 puntos, polo que o cadro xalleiro podería salvarse.

Iso non implica que os equipos costeiros do Grupo 2 da 1ª Autonómica se vexan beneficiados, porque dos 7 que baixan da Preferente, 6 irían para o noso grupo, afectando directamente a Baio e Corme, ademais do xa sentenciado Malpica. Serían a día de hoxe 9 equipos os que descendese do Gr.2 da 1ª Autonómica, marcando agora mesmo o Outes a salvación con 39 puntos, polos 29 de baieses e cormeláns, que se queren salvarse, non ceder un só punto.

Seguimos baixando (nunca mellor dito) e eses 3 descensos costeiros provocarían que da Liga da Costa descensen 5 equipos, e un mínimo de 4 se ascende o segundo da Liga da Costa na promoción. Ademais dos Cabana e Carnota, xa cun pé na 3ª, a día de hoxe Buño, Volantes e Porteño descenderían, se ben o Ameixenda terá moito que pelexar ao estar empatado cos camariñáns.

Iso si, quedaría unha 3ª con 11 equipos para a campaña 2016/2017, algo máis xeitosa que este curso.

Xa vedes, a día de hoxe perderían a categoría Xallas, Dumbría, Baio, Corme, Malpica, Carnota, Cabana, Buño, Volantes e Porteño. Xallas, Baio, Corme, Buño, Volantes e Porteño caerían polos arrastres, de aí a importancia de telos en conta.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios