6 xogadores do Xiria convocados coas Seleccións Galegas

07:26 02/01/17

Éxito da canteira
Ademais, catro rapaces pertencentes ás Escolas Balonmán Xiria foron seleccionados para particiapar coas seleccións galegas no Campionato de España de Seleccións que terá lugar en Cataluña entre o 2 e o 7 de xaneiro. Así Juan Pereira e Mario Cancela, do Garaysa Xiria, en categoría infantil e Juanca Rodríguez e Andrés Vila, do Laber Xiria, en categoría xuvenil partirán na madrugada do 1 de xaneiro cara terras catalanas coa expedición galega que estará comandada por outro carballés, Bruno López vicepresidente da FGBM e Delegado Provincial da FGBM nas provincias da Coruña e Lugo. Nas dúas categorías nas que terá representación o Xiria, o combinado autonómico aspira a estar entre os primeiros clasificados e tentarán acadar os postos de honra do campionato. Dende a web do campionato poderanse seguir os partidos en directo: www.cesabm2017.cat.Fonte
- Xiria.