Basket: Mirando en fite as fases de ascenso
Mentres en Cee seguen colleitando derrotas nesta mala temporada, as grandes novas do baloncesto comarcal chegan dende Carballo. Os dous equipos sénior miran en fite as fases de ascenso. As rapazas do Vázques y Reino afianzan o seu liderado despois de rubricar a súa presencia na fase de ascenso cando só queda unha xornada da primeira fase. Mentres, os homes necesitan vencer na última xornada para poder disputar a devandita fase.
Familia ACB
3ª División Masculino, Grupo Coruña B, xornada 13
- Resultado: C.E. CUME ACB COSTA DA MORTE – CB ARTEIXO (39-59).
- C.E. CUME ACB COSTA DA MORTE: Deril (7); Adrián (10, 1T); Luci (4); Cristian (5, 1T); Sergio- cinco inicial- José (2); Alfredo; Manu (5,1T); Rodrigo (4); Christian.
Dura derrota encaixada polo equipo local, a 13ª da tempada. O partido comezou moi trabado, e se o equipo ceense buscaba maior movilidade, foi xusto o que non se consegue. Non se puido dar más de dous pases seguidos, e as canastras chegaban mediante acción individuais, ou ben mediante contraataques, pero o ataque estático estaba a se converter nun problema. Así, se ben a defensa foi correcta, o xogador nº9, conseguía seis puntos para poner aos seus por diante (8-11).
No segundo período a tónica foi a mesma, pero xa con dous interiores grandes por parte de cada equipo, mentres que a circulación de balón segue a ser casi nula, o equipo costeiro se ve beneficiado polas rotacións, sendo superiores no 1x1, aproveitando iso para levarse o parcial (11-10)
Co partido totalmente aberto, e ambos os dous conxuntos en zona, por parte dos ceenses buscando minimizar o poderío do xogo interior arteixán neste intre, comezou a contra do que se vira antes. oitos pases por parte dos ceenses, pero sen ningunha opción de anotar, pases polo perímetro, que en ningún momento puñan en apuros á defensa visitante. Ademais, a defensa, xa non volveu a ser o rocosa da primeira metade, permitindo anotar moitos puntos aos de Arteixo, que comezaban a escapar (10-20)
Xa no derradeiro período, un curto empuxe dos ceenses e voltando a defender en individual conseguen pórse a 7 puntos de desvantaxe, o que parecía cambiar as cousas, mais só foi un espexismo, e os visitantes segueron a aumentar a renta ata o marcador final (10-18).
O único positivo que cómpre destacar é a volta de Rodri, que tras dúas lesións case que cosecutivas voltou ás pistas.
Liga Provincial Cadete masculino, xornada 13
- Resultado: ACB Costa da Morte - EB Xiria (23-69)
- Parciais: 3-14; 11-37; 19-54; 23-69.
Partido disputado na mañá do sábado no pabellón municipal de Cee. Clara vitoria dos carballeses no derbi comarcal, cunha vitoria cimentada nunha gran primeira parte e cunha boa actuación coral de todos os xogadores carballeses, incluída a achega dos xogadores infantís convocados.
2ª División Cadete feminino,
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – SANTA MARIA DEL MAR (61-15).
Segunda vitoria das cadetes esta temporada, de novo ante o mesmo rival. Unha boa defensa das ceenses cimentaron a vitoria que se fraguou sobre todo na segunda parte.
2ª División Infantil masculino
- Resultado: LOS ROSALES – ACB COSTA DA MORTE (68-21).
Mal partido dos infantiles no seu desprazamento a coruña. Seguen pagando a inexperiencia na categoría e pese a derrota van aparecendo síntomas de mellora.
Familia Xiria
1ª División Masculina, xornada 13
- Resultado: CALVO BASKET XIRIA - ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (68-57)
- Basket Xiria: Arguelles (21), Manu Rey (23), Roi, Tato (5) e Luís; Anxo Estanis (4), Peli (2), Luciano Calvo, Fran (5) e Pablo Moreira (8).
Superou con facilidade o Xiria ao pechacancelas e volve optar á quedar entre as tres prazas que se meterán na Fase de Ascenso. A cousa púxose de cara dende o comezo pero os lucenses venceron cara a súa pel e no terceiro cuarto case se meten no partido.
A vindeira semana visitan ao Cenor-Obradoiro coa necesidade de gañar para manter a 3ª praza, pois os santiaguesas como o Cemento Cosmos de Sarria teén só unha vitoria menos que os carballeses.
2ª División Feminina, Grupo Norte 2, xornada 4
- Resultado: B LARACHA NOVA FACIAL - VÁZQUEZ Y REINO BASKET XIRIA (38-55).
Non frean as do Vázquez y Reino e despois de ratificar a súa presencia na Fase de Ascenso na súa primeira temporada, continúan vencendo. Desta volta fixérono en Laracha, confirmando así un liderado que poderán rubricar a vindeira semana precisamente ante o único equipo que llo pode arrebatar, o Culleredo. O vindeiro sábado ás 20:00h (despois do equipo masculino), o Pavillón da Rúa Escolar acollerá o último choque da primeira fase. Na ida, venceron as do Culleredo por 9 puntos, así que só vale a vitoria para manter a primeira praza.
Familia Artai
Liga Galega Cadete masculino, xornada 12
- Resultado: CB ARTAI - MARÍN PEIXEGALEGO (55-60).
- Parciais: 12-18; 27-33; 41-48; 55-60
- C.B. ARTAI: Marco (10), Javi Santiago (15), José (2),Eduardo, Samu (2), Julio (7), Pablo (2), Nión , Carlos (14), Diego (2) e Mario (1).
Comzou a segunda volta cunha nova derrota da formación local que parece que nos últimos partidos repite o guión, caendo nun final agónico. Os xogadores de Iván e de Fran están realizando un bo baloncesto, e son capaces de competir contra todos os equipos, pero nos instantes finais do partido, nos segundos finais non son capaces de materializar a vitoria. Quedaba un minuto e o marcador sinalaba empate a 55, e aí apagáronse as luces para os escolares.
Liga Galega Infantil masculino, 2ª Fase, xornada 2
- Resultado: CB ARTAI - EDO BLANCO AMOR (54-64).
- Parciais: 12-22; 22-38; 40-53; 54-64.
- CB ARTAI: Dani Castro,Álvaro, Borja Ríos (31), Antón González (5), Damián (3),José Moreira (2), Javi Pena (3),Mario Penedo (2) e Jano (8).
PDerrota dos xogadores locais que realizaron o seu mellor partido da tempada e que proseguen as boas sensacións mostradas no partido da semana pasada en Santiago. Pese a empezar mal, 12 a 22 no primeiro cuarto, os locais seguiron no partido durante os tres cuartos seguintes, mostrando un bo nivel de xogo en ataque e en defensa, gañando incluso os parciais da segunda parte (32 a 26 nos segundos vinte minutos).
Máis información
Novas relacionadas
- O Vázquez y Reino métese na Fase de Ascenso no ano da súa estrea.
- A 3 pasos da Fase de Ascenso á Liga EBA.
- Volveu o baloncesto con regalo tardío de Reis.
- Líder Xiria.
- Sol polo Norte e frío polo Sur.
- Un debut de Peli.
- O Basket ponse de negro contra a violencia de xénero.
- Basket: Carballo vence á Coruña.
- As Junior do Peugeot Dimolk Basket Xiria únense ao Mannequin Challenge.
- O Vázquez y Reino tamén sabe gañar fóra da casa.
- Xornada de derrotas para o basket costeiro.
- Arrincou a tempada para Xiria, coa gran estrea do Sénior Feminino, Artai e ACB.
- Carballo vístese de verde Xiria.
- O Basket Xiria quere afianzar a súa canteira pontecesá.
- O equipos do Basket Xiria póñense en marcha.
- A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”.
- 10 anos para un Basket Xiria que segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).