![Choque do Corme-Foto-Fin Lema]()
Daba comezo a
1ª Autonomica e nela moitos dos nosos equipos costeiros, entre eles o
Corme que vencía nun gran encontro dos azuis no Cairo, outro dos que vencía era o
Sofán a un Bertamiráns B dirixido por un vello coñecido noso como é Victor Pazos, ex do Xallas de Santa Comba. Tamén sacaba os 3 puntos o
Baio de Felix tras un encontro moi desputado. Mentras estos tres equipos vencían e sacaban os 3 primeiros puntos que serven de balsamo anímico os outros tres tiñan menor sorte, ainda que o
Soneira rascaba un importantisimo punto no campo do Agoalada. Con menos sorte o renovado
Esteirana que perdía fronte o Lesende de Sil pola minima, mentras o
Malpica tamén caía na casa fronte o Unión por 0-2.
LESENDE - ESTEIRANA (1-0)
- ESTEIRANA: Fabio, Code, Simón, Eloi (Adrián, min.75), Sui, Pabliño (Tobío,min. 75), Martín, Álex, Saúl (Juan, min.70), Adrián (Pesco, min.65) e Rober Pladur.
- Goles: 1-0. Min 37. Guerra tras recoller un despexe da defensa local e facerse cun balón na loita cos centrais, levanta o balón por encima do porteiro.
- Expulsion: Sui, min.86.
Comezo da liga para os de
Esteiro no campo de Cabanetán en Lesende, un terreo de xogo moi pequeno e que resultou contraproducente para o xogo dos visitantes. Os da casa plantexaron un partido ben xuntos, defendendo no seu campo e xogando a contra durante os 90 minutos. Moitos despexes orientados e balóns longos que tiñan controlados os da ría de Muros, ata q no minuto 37, o dianteiro local pelexa unha pelota lévasa a tropezóns e bate por alto ao porteiro. Este gol viña a ratificar o xogo dos locais e facía que a
Esteirana arriscase un algo máis. O partido foi dominado pola Esteirana se ben non creou moito perigo, a posesión era dos locais pero se apretos para o Lesende. Algo camboiu na segunda metade, con máis profundidade e tralos cambios aumentou o número de chegadas a área, se ben as ocasión claras foron escasas, quedando en tiros de fóra da área e xogadas a balón parado. Intentouno a Esteirana ata o pitido final ata q volveu de baleiro de Lesende.
Masiva afluencia de público esteirán no campo, das 130 persoas, 100 eran siareiros visitantes.
SCD MALPICA - UNION (0-2)
- SCD MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, (Kevin,min 69), David Castro, Juanjo Rabuñal, Fernando Varela, Joel Pereiro, Juan O Bello, Rodrigo, Diego Alonso, (Pablo García, min. 69) e Martín Maradona.
- GOLES: 0-1, min.58; 0-2, min.66
- ARBITRO: Represas Rodriguez
Mal debut da
SCD Malpica, no inicio desta tempada, deixándose arrebatar tres puntos polo CD Unión, encontro moi disputado nun campo completamente encharcado pola choiva.O
s malpicáns tiveron oportunidades moi claras co campo encharcado na segunda parte, pero a actuación do porteiro Miguel evitou que os goles subiran ao marcador. O CD Unión, un equipo moi ben plantado sobre o terreo de xogo, aproveitou moi ben dúas perdas de balón dos malpicáns e acabarían levandose os tres puntos. Non mereceu o Malpica este resultado tralo xogo e ocasións vistas no terreo de xogo.
CORME - PILOÑO (2-1)
- CORME: Javi, Dani (Jesús, min.74), Pandi, Alejandro, Diego, Brais, Lucas, Adrian (Adolfo, min.65), Juan Chans (Toniño, min.85), Alejo e Toni (Joshua, min.70).
- GOLES: 1-0, min.15: Brais; 2-0, min.29: Doldán; 2-1, min.66.
Daba comezo o encontro no Cairo baixo unha intensa Choiva, os homes de Lentejo querían agradar o seu público como o fixeron toda a tempada pasada e xa mesmo nesta pretempada co seu bó facer dentro do terreo de xogo. O
Corme saía en tromba e o pouco de comezar o encontro xa se adiantaba no marcador gracias a un golazo de Brais, o Piloño quería e non podía con este equipo tan conxuntado en todas as súas liñas. Xa a mediados da primeira metade chegaría o segundo do Corme tras un corne ben sacado por Lucas no cal Adrian Doldán só tería que empurar o balón o fondo das mallas visitantes, con este 2-0 chegaríase o descanso. No comezo da segunda metade os visitantes viríanse arriba e porían en moitos apretos os locais xa que acurtarían distancias nos primeiros 20 minutos da segunda parte, pero o resultado non se movería deste 2-1 para o Corme que lles serve para comezar con 3 importantes puntos.
SOFÁN - BERTAMIRÁNS (2-0)
- SOFÁN: Bugy, Javi Souto, Sito, Félix, Rubén, Martín (Míchel, min.85), Diego, Brais (Raúl, min.75), Luís (Leilán, min.60), Iván Rojo e Bertín (Eloy Boedo, min.70).
- GOLES: 1-0 Ivan Rojo; 2-0 Ivan Rojo
![Sofan-Bertamirans-Foto-SD Sofan Sofan-Bertamirans-Foto-SD Sofan]()
Comezaba o encontro no Carral con dous conxuntos moi ben prantados no terreo de xogo, unha primeira metade que terminaría 0-0 despois de ser intensa e con bó xogo dos locais que tiveron algunha ocasión para irse o vestiario con algo mais positivo. Xa na segunda metade os vermellóns adiantaríanse no marcador gracias a un gol de Ivan Rojo que volvía a marcar ca camisola
sofanista, seguía o encontro e o Bertamiráns non encontraba o sitio no campo e pouco despois e unha vez mais
Ivan Rojo volvería a converterse no héroe dos locais con dous tantos que lles dá o Sofán os tres primeiros e importantisimos puntos. Unha segunda metade onde o Sofán foi superior e mereceu a victoria, con este 2-0 remataría o encontro.
AGOALADA - SONEIRA (0-0)
- SONEIRA: Anxo, Chans, Fran, Rodrigo, Maikel, Sandelo, De la Sierra, Mayor, Basti, Javi e Brais. Banquillo: Alberto, Martín, Nazo, Richi.
Viaxaba o Soneira para enfrontarse o Agoalada no seu primeiro encontro da tempada, unha tempada na que intentará volver a estar no mais alto e poder optar as prazas de ascenso. Comezaba o encontro e o Soneira costaballe arrancar nun campo moi complicado coma este. Os Soneirans intenban xogar pero no eran capaces de trenzar ningunha boa xogada, o partido remataría con un empate a 0 que para o Soneira é un punto moi importante fora da casa.
BAIO - AMIO (1-0)
- BAIO:Dani, Jose (Fachal, min.87), Mario, Eloy (Yago, min.46), Costiña, Martin (Rubio, min.89), Brais, Bieito, Saleta (Porto,min.53), Christian, Martin MC.
- GOLES: 1-0, min.60: Costiña
![Saudo inicial do Baio-Amio-Foto-Santi Soneira Saudo inicial do Baio-Amio-Foto-Santi Soneira]()
O
Baio debutaba na casa o día das súas festas, e que maneira de celebralo que con unha importantisima victoria. O encontro comezaba no Platas Reinoso con un equipo local moi metido no encontro e con gañas de levarse os 3 puntos, pero os goles e neste caso un solitario gol non chegaría ata a segunda metade, un gol que quedaría curto tralo visto no terreo de xogo onde o Baio quixo mais e non pudo levarse nada mais que este 1-0 que en todo caso é un boisimo resultado de cara o vindeiro encontro fora da casa. Gran partido dos locais que afrontan esta nova tempada con gran ilusión.
Máis información
Descarga a APP “Fútbol da Costa”
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).