Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións

Preferente: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións
Dumbria-Arzua da Preferente Senra Sport patrocina a Copa da Costa 2013

Boas sensacións as que nos deixaron XSC e Dumbría na súa estrea na Preferente Norte. E iso que só o cadro dumbriés sumou puntos, mentres que o xalleiro deixou escapar un puntiño no último suspiro.

Aínda non temos operativa a APP, pero si que podedes consultar os resultados e as clasificacións en www.futboldacosta.com.

Dumbría - Arzúa (2-0)

  • DUMBRÍA: David, Tantán (José, min.46), Brian, Iago, Kevin, Aarón, Adrián Makaay (Adrián Nieto, min.55), Rivi, Diego Cespón, Jesús (David C., min.74) e Luisito (Cote, min.65).
  • Goles: 1-0, min.16: Luisito; 2-0, min.27: Adrián Makaay.
  • Expulsión: Brian no min.85.
Dumbria-Arzua da Pref

Comezou con vitoria o Dumbría de José Canosa e Diego Lobelos. E o fixo tras un gran primeiro periodo, saíndo a por todas e deixando practicamente sentenciado o choque á media hora cos tantos de Luisito e Adrián Makaay.

Moitas caras novas ten este Dumbría, ou máis ben moito protagonismo para os que o ano pasado estaban á sombra dos que onte volvían vestir a camisola do XSC. Así e todo, e este Dumbría promete un bo ano.

Adrian Makaay marcou o segundo para o Dumbria

Dubra - XSC (2-1)

  • XSC: Julián, Rubén Forján (Cristian, min.75), Darío, Rubio, Aarón (Alberto, min.89), Jota, Doro (Marcos, min.58), César, Arnejo (Choco, min.76), Jesús e David Baña.
  • Goles: 0-1, min.65: Jesús; 1-1, min.82; 1-2, min.96.
  • Expulsión: Rubio no min.60.

Plantillón co que conta a priori, e vendo nome a nome, Rubén Coméndez. E o cadro xalleiro demostrou que pode dominar. Comezou ben, levando o peso do partido con moitas novas caras (algunha tamén vella) como Julián, Aarón, Doro, Jota e David Baña, estos tres que volvían vestir a bicolor. E tras unha primeira metade igualada Jesús abría o marcador para os xalleiros, que, ao tempo, sufrían a expulsión de Rubio. /p>

Non puido aguantar dun Dubra volcado na última media hora, e nos últimos 10 minutos daba a volta ao marcador facendo o gol da vitoria no min.96 ante as caras de estupefacción dos xalleiros.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios