Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A actual directiva salva ao Zas renovando un ano máis

A actual directiva salva ao Zas renovando un ano máis
Directiva do Zas A actual directiva salva ao Sporting Zas

Chea de novidades chega este martes 4 de xullo, entre as que destaca a aposta da directiva do Sporting Zas por salvar ao seu equipo. Tiñan claro a súa dimisión, pero a falta de resposta despois de varias asembleas pedindo un relevo, e ante a inminente necesidade de seguir ou non, veñen de decidir continuar un ano máis.

Aí estarán de novo Noe Touriñán, Manolo Corzón, Roberto Mouro, Esteban Busto e Nuria Mouro, salvando un sentimento de 42 anos de historia. Esperan, iso si, máis colaboración que nestes últimos anos.

Pouco movemento en Cee

O outro equipo que peda no fío é o Unión Club Cee. Coa dimisión da actual directiva e tras varias alarmas, parece que non hai ninguén disposto a colaborar economicamente nin en clave de traballo. Quedan menos de tres semanas para a Asemblea Xeral da FGF, data que se preveerá como a data límite para inscribir o dar de baixa ao equipo.

Ordóñez chega ao Laxe, Lentejo sae do Corme

Ordonez ficha polo SD Laxe-Na foto co presidente Charly O presi do Laxe Charly, orgulloso coa fichaxe de Ordóñez

Onte, a SD Laxe presentaba ao seu novo adestrador, un Ordóñez que vén de facer un temporadón co Muxía, e deixalo por sorpresa tras firmar unha estrea como primeiro adestrador inmellorable.

No outro lado da ría parece que non conseguiron convencer a Lente de que seguise á fronte desta fornada de amigos, así que a familia cormelá terá que buscar un relevo.

 

Máis movementos de verán

Fonte

Comentarios