Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A afección aúpa ao Volei Dumbría cara a permanencia

A afección aúpa ao Volei Dumbría cara a permanencia
Vitoria do Volei Dumbria ante o Emeve Vitoria fundamental do Volei Dumbria ante o Emeve

Así é como se fai afección. Con estes vibrantes partidos nos que a emoción e a tensión son protagonistas. Chegaba ao Conco o Emeve Lugo, o pechacancelas do Grupo A da SuperLiga 2, para xogarse a vida ante o Volei Dumbría. Respondeu a parroquia de siareiros costeiros, que aupou aos seus ata unha apretada vitoria que os achega máis á salvación.

SuperLiga 2

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Emeve (3-2)
  • Sets: (23-25/25-17/25-18/23-25/15-4)

O primeiro set empezo cun xogo de tanteo entre os dous equipos pero sempre co peso do xogo levado polos xogadores locais, chegando ao 23-21 pero unha serie de erros non forzados por parte do Volei Dumbria deulles o set ao equipo lucense.

Outra historia foron os dous seguintes sets onde baseados nunha gran recepción permitía ao colocador local, Manuel Marcote, despregar todo o seu xogo, podendo gañar os dous sets que xa lle daba certa tranquilidade ao equipo dumbrines, cabo destacar neste labor de recepción o gran partido realizado polo libero local, de tan só 16 anos, Unai larrañaga.

O cuarto set estivo cheo de emoción ata o final, pelexando os dous equipos e cambiando con relativa facilidade, chegando a un final de set onde unha seríe de decisións arbitrais descentraron ao equipo local, poñendo os lugueses o 2-2 no marcador.

Chegábase así ao famoso quinto set, tan coñecido por equipo dumbriés este ano, e así enrabietados pola perdida do set anterior e guiados polos bloqueos de Néstor Jerez e os remates de Daniel Muñoz non deron ningunha opción ao equipo visitante.

Cuarta vitoria do equipo do Voley Dumbria que o seu capitán e alma máter do equipo, Pablo Touriñan puido brindar á súa gran afección.

Máis información

Crónicas do Volei Dumbrçia

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios