xoves. 01.05.2025
El tiempo

A batalla de San Andrés 2.0

A batalla de San Andrés 2.0
Sporting Zas e Fisterra reviven en Primeira Galega o duelo a cara de can que protagonizaron hai uns meses para levar a Liga da Costa; precisamente na Segunda estará outra das citas da semana, co San Lorenzo-Buño Zas-Fisterra-Foto-Alejandro Mel Imaxe do Zas-Fisterra do ano pasado-Foto-Alejandro Mel Poucas cousas teñen mudado Sporting Zas e Fisterra respecto aos equipos que hai uns meses dominaban a Liga da Costa. De feito, podería dicirse que incluso teñen mudado de xeito semellante, xa que os seus goleadores, David Blanco e Adrián, emigraron no mercado estival e obrigaron a reconsiderar a proposta. A fase de adaptación parece terlle levado algo máis de tempo ao actual subcampeón de Segunda, pero aventurarse a pronosticar algo no reencontro de Primeira sería canto menos facer castelos no aire. En traxectoria ascendente, os de Víctor Pazos parecen terlle atopado o punto a Álex Flores, aposta para o ataque, ademáis de ter gañado en fiabilidade defensiva. Pola súa banda, o invicto cadro de Nacho ten levado só un dos cinco encontros, pero se algo ten evidenciado é unha competitividade que lle leva ata o último intre de cada cita. No resto da xornada de Primeira destaca a visita do Dumbría a Sigüeiro, ou o que é o mesmo, do segundo ao primeiro da liga. Na Preferente haberá dobre duelo con Lugo. O Sofán viaxa á capital provincial para medirse ao filial do equipo de Segunda División, mentres que o Soneira recibe a Atlético Escairón monfortino, en teoría menos fiero e coa moral polas nubes tras vencer en Arteixo. Incógnita é a visita do Xallas a Sada, ante un equipo novo, reconstruído e imprevisible. Chega con cartel de grande o día na Liga da Costa, con foco especial nas Pedreiras de Verdillo. O San Lorenzo, que ven de deixarse tres puntos no derbi co Buño, mide a un líder Castriz ao que en teoría venlle ben o campo das Pedreiras. O imprevisible e sorprendente Camariñas viaxa a Malpica, onde lle espera un rival con máis argumentos do que di a táboa, e tamén con máis experiencia. Haberá cita de alternativas en Xaviña, onde Cerqueda e Unión Club Cee cruzan os seus notables momentos, aínda que con revés por doquier cando lles tocou enfrentar a un dos de arriba. Será Carnota a sede do partidazo de Terceira, cun Lira-Nantón para valientes á hora de apostar. Os de Manín, en traxectoria ascendente, miden a un rival deses 'decideligas'.  

PreferenteNorte, xornada 7

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 6

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 6

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 5

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 3

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 5

LigaGalega Cadete, xornada 5

1ªCadete, xornada 2

LigaGalega Infantil, xornada 5

1ªInfantil, xornada 4

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios