Venres. 29.03.2024
El tiempo

A calma trala tempestade

A calma trala tempestade
Sen enfrontamentos directos, a teoría di que esta semana non debería haber grandes alteracións no discurso da Liga da Costa e a Terceira; na Primeira, ningún 'coco' ameaza aos costeiros, xusto ao contrario que na Preferente O Buño terá derbi e o Louro viaxa a Castriz - Foto: Edu Oliveira O Buño terá derbi e o Louro viaxa a Castriz - Foto: Edu Oliveira O ruido socio-mediático provocado polo partidazo da pasada semana no Cairo entre Corme e Baio dará paso a unha xornada sobre o papel moito máis tranquila e sen cruces directos de intereses sobre un terreo de xogo, polo menos no que atingue á Liga da Costa e á Terceira. A ausencia de partidos entre 'gallitos' non quere dicir que perda interese a ollos do espectador neutral unha Segunda na que fan a goma as alternativas á bicefalia dominante. Unha delas, o San Lorenzo de Verdillo, recibe a un Laxe que ven de sacar o seu primeiro punto con Lilo. Por outra banda, con carácter de derbi mídense no Municipal de Vimianzo o Baíñas e o Mazaricos, xusto no que pasa por ser o momento máis positivo dos locais, a pesares da mala sorte con golpes e lesións do seu punta Pablo Muíño. En San Pedro de Castriz mídense dous rivais notablemente diferentes en canto a experiencia e concepto, no que parece o choque de máis clara cor local. No que aos líderes respecta será unha ración de rivais sen demasiados agobios, con moito fútbol e sen o punto necesario de raza. Visita Platas Reinoso o Corcubión, mentres que a Esteiro viaxe o invicto Corme. O equipo 'pataca quente' (ese que non parece perigoso sobre o papel pero ao que ninguén quere enfrontar) visita esta vez Muros. Despois de vencer ao Muxía, o Nantón parte cunha nova etiqueta na Terceira, con aspiracións seguramente a todo. Non debería ter problemas o Lira co Camelle, mentres que o Ameixenda-Cabana pasa seguramente por partido da xornada. O Seaia non quere pagar os pratos rotos en Arliña, ante un enrabietado Muxía. No outro extremo do fútbol autonómico, no peldaño máis alto, achégase o ecuador da Preferente, de momentos con motivos para a esperanza en case tódolos casos. A Monforte viaxa un Soneira que ven de deixar unha imaxe máis que notable na casa co Polvorín, mentres que á mesma provincia, pero moito máis arriba, ten que ir o Xallas. O exTerceira Ribadeo é unha incógnita e adalid da irregularidade. Pola súa banda, o histórico en reconstrucción Betanzos é un rival trampa en O Carral. Pola Primeira tamén anda con ganas de resarcirse un Dumbría que manten a primeira praza. O histórico Lalín, agora en horas baixas, xa caeu en Fisterra na primeira xornada de liga. Precisamente os verdes terán tamén un rival pontevedrés, o durísimo Agolada, onde xa caeron na súa última visita. Na casa formarán o Outes co durísimo Unión e o Zas, que recibe ao moi físico Silleda.  

PreferenteNorte, xornada 16

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 14

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 14

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 13

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 9

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 13

LigaGalega Cadete, xornada 13

1ªCadete, xornada 10

LigaGalega Infantil, xornada 12

1ªInfantil, xornada 12

LigaAlevínSur, xornada 8

LigaBenxamínSur, xornada 8

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios