Domingo. 08.09.2024
El tiempo

A canteira do Volei Dumbría tamén responde

A canteira do Volei Dumbría tamén responde

Mentres os sénior sofren na 2ª Estatal o potencial de equipos como o UVA, os tres equipos da base seguen demostrando que a canetira do Volei Dumbría xa é unha referencia en todo o país. Esta fin de semana protagonizaron un pleno de vitorias máis que satisfactorio.

Xuvenís e Cadetes os-cadetes-do-volei-dumbria

Os equipos cadete e xuvenil masculino do Volei Dumbría dirigidos por Luis Alberto Fernández enfrontabanse na mañá do domingo o Jealsa de Boiro, no pavillón Municipal de Dumbría.

Ás 10:30h era o turno do equipo cadete que despois de remontar un 0-2 en contra, acabaría o partido impoñéndose por 3-2 con parciais de 15-25, 20-25, 25-18, 26-24 e 17-15. O partido estivo marcado polos numerosos erros non forzados de ambos equipos, producto da xuventude en ambos conxuntos. Ó inicio do partido os dumbrieses víronse sorprendidos polo acerto no saque dos rivais, e a medida que avanzou o partido foron sentíndose máis cómodos e conseguiron cotrarestar o equipo boirense grazas a efectividade en ataque de Xabier Larrañaga axudado no saque por Sergio Castro. A clave do partido sería o cuarto set, moi igualado ata o final e no que finalmente os locais acabarían impoñéndose e collendo moral para o tie breack definitivo.

Ás 12:00 comenzaría o encontro xuvenil, que finalizaría co mesmo resultado de 3-2 favorable os locais con parciais de 25-21, 23-25, 22-25, 25-17 e 15-11. O exceso de relaxación dos xogadores dumbrieses faría que cometesen moitos erros non forzados e tras gañar o primeiro set, viron como os boirenses lle deron a volta o marcador para porse por diantes 2-1. A partir de aí, volveu a seriedade o equipo dumbriés que acabaría impoñéndose no tie breack con certa facilidade.

Debut do equipo femenino

O equipo cadete femenino debutaba na 3ª División fronte o CV Bruxas de Ames, nun partido disputado o domingo no pavillón municipal de Bertamiráns. O debut non puido ser mellor xa que pese a contar con moitas rapazas que xogaban o seu primeiro partido de voleibol e incluso con un par de infantís na plantilla, o equipo dirixido por Charly Suárez vencían por 1-3 con parciais de 25-21,19-25, 11-25 e 21-25. As xogadoras dumbriesas empezarían perdendo o primeiro set debido ós numerosos erros cometidos en recepción. Unha vez solventados estes problemas, as dumbriesas levarían o peso do partido e acadarían conseguir os 3 puntos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios