Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Costa tamén corre

A Costa tamén corre

Este domingo 29 de xaneiro de 2012 terá lugar no circuíto do Monte do Gozo (Santiago) o Campionato Galego de Campo a Través, que se presenta como unha das citas máis importantes para os atletas galegos nesta especialidade. Nesta proba contaremos con presenza de atletas da Costa da Morte que veñen de realizar un destacado papel no Campionato Galego de Cross Curto celebrado o pasado 15 de xaneiro na localidade ourensá de Monterrei. O atleta de Lira (actualmente afincado en Lugo) Juan Luís Trillo Caamaño, da Asociación Deportiva Atlética do Sil (ADAS) acadou un fantástico 11º posto; mentres que o atleta ceense Jorge Rodríguez Lariño, pertencente ao do Club Atletismo Narón, quedaba na 18ª posición, .

Ambos afrontan a proba deste domingo con gañas de repetir as sensacións e eses vos resultados, aínda que o atleta céense di non mostrarse moi optimista tras levar tres semanas cun forte catarro que lle impediu afinar a súa preparación para unha proba que agardaba con moitas ganas, “é un circuíto moi duro, que me gusta, pero no que xa sufrín a cara e a cruz deste deporte, xa que se non chegas fino e psicoloxicamente forte afogas entre tanta costa e barro, e a ver se polo menos está vez a moeda cae de canto…” e déixanos o interrogante sobre a súa participación “pese os problemas desta semana, tose e asfixias que fixeron moi agobiantes estas últimas semanas, teño a esperanza de que o domingo me dean unha tregua e de que o corpo responda”. En canto o Atleta de Lira este é un circuíto que se dá moi ben, non ten realizado grandes actuacións e no espera e esperamos que se coloque preto dos postos dianteiros.

Na foto vemos a Jorge Rodríguez Lariño no 2009 a última vez que corría nese circuito durante o II Cross de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios