Axenda Deportiva da fin de semana con especial atención en www.futboldacosta.com


Nova fin de semana chea de deporte na Costa da Morte esta do 28 e 29 de xaneiro de 2012. E comezamos o repaso á axenda deportiva polo fútbol, unha vez que vos presentamos as novas táboas de Resultados que abrimos co nome www.futboldacosta.com. Unha apertura que virá acompañada pola creación do hastagh en twitter de #futboldacosta mediante o cal poderemos facer un completo seguemento do acontece nas nosas competicións.
Tras ollar os xa completos resultados da semana na Liga de FS de Cee, imos ca previa da xornada. Encontros complicados para os nosos na Preferente. O Soneira poderá seguir escapando se vence ao Santiago de Compostela, que ten agora 3 puntos por abaixo. O Santa Comba, se quere seguir con opcións, terá que superar ao Bertamiráns, mentres que o Xallas o terá difícil en Chantada e o Dumbría co Val.
Os equipos da 1ª terán encontros moi complicados con equipos de arriba, como son o SIlva (5º) e o Arteixo (3º).
Na Liga da Costa, hai encontros intersantes na zona baixa como o Zas-San Lorenzo, pero tamén da zona alta, como o Sofán-Camariñas ou un Corme-Baio entre ás dúas sorpresas da campaña.
A xornada na 3ª comeza cun Laxe-Coristanco que pode eliminar aos laxense definitivamente da loita ou metelos de cheo de novo. Pero sen dúbida, o partido da semana será o Carnota (2º) - Montelouro (5º).
Ademais, rematan as Ligas Xuvenís con tan só o título de Liga en xogo no norte entre Malpica e Dumbría B. Pero a xornada terá ademais un foco de atención emotivo nas Redondas. I é que o clube, que a semana pasada brindaba unha homenaxe ao xogador do Pereiriña Gabri, esta semana queren adicarlle un detalle ao seu xogador xuvenil Rubén Darío. I é que hai dúas semanas rompía o ligamento cruzado do xeonllo, e xa aos seus 17 anos xa é a segunda vez que lle pasa, unha en cada perna ademais... Enviamos tamén dende toda a familia de QPC Deportes os nosos meirandes ánimos para o novo xogador cabanés.
Preferente, xornada 21
S.de Compostela | 29/01 - 16:30 | Soneira |
Santa Comba | 29/01 - 16:30 | Bertamiráns |
Chantada | 29/01 - 16:30 | Xallas |
O Val | 29/01 - 16:30 | Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 20
Cee | 29/01 - 12:00 | Silva |
Atl. Arteixo | 29/01 - 12:00 | Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 20
Fisterra | 28/01 - 16:00 | Castriz |
Club do Mar | 28/01 - 18:00 | O Pindo |
Malpica | 29/01 - 16:00 | Corcubión |
Esteirana | 29/01 - 16:00 | Nantón |
Dumbría B | 29/01 - 16:00 | Mazaricos |
Zas | 29/01 - 16:00 | San Lorenzo |
Muros | 29/01 - 16:00 | Buño |
Corme | 29/01 - 16:30 | Baio |
Sofán | 29/01 - 16:30 | Camariñas |
3ª Autonómica, xornada 24
Laxe | 28/01 - 16:00 | Coristanco |
Camelle | 28/01 - 17:00 | Corcoesto |
Cabana | 28/01 - 18:00 | Muxía |
Indep. Carballo | 28/01 - 18:00 | Alcaián |
Lira | 29/01 - 16:00 | Volantes |
Carnota | 29/01 - 16:00 | Montelouro |
Fisterra B | 29/01 - 16:00 | Outes |
Soneira B | 29/01 - 16:00 | Porteño |
Xaviña | 29/01 - 16:30 | Atl. Pereiriña |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 19
Bergantiños | 28/01 - 17:00 | Calasancio |
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 18
Corcubión | 28/01 - 16:00 | Esteirana |
Mazaricos | 28/01 - 16:00 | Muros |
Outes | 28/01 - 16:00 | Fisterra |
Soneira | 28/01 - 16:00 | Santa Comba |
Cee | 28/01 - 16:30 | Dumbría |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 22
Baio | 29/01 - 16:00 | Zas |
Cabana | 29/01 - 16:00 | Corme |
Ponteceso | 29/01 - 16:00 | Camariñas |
Malpica | 29/01 - 16:00 | Dumbría B |
Muxía | 29/01 - 16:00 | Laxe |
División de Honra Cadete, xornada 19
Colegio Hogar | 28/01 - 16:00 | Bergantiños |
2ª Cadete, xornada 20
Cabana | 27/01 - 19:00 | Ponteceso |
Coristanco | 28/01 - 10:30 | Baio |
Esteirana | 28/01 - 10:30 | Santa Comba |
Fisterra | 28/01 - 10:30 | Soneira |
Muxía | 28/01 - 10:30 | Muros |
Zas | 28/01 - 10:30 | Outes |
Malpica | 28/01 - 11:00 | Cee |
Dumbría | 29/01 - 11:30 | Porteño |
2ª infantil, xornada 20
Cabana | 28/01 - 11:00 | Ponteceso |
Coristanco | 28/01 - 16:00 | Muxía |
Corme | 28/01 - 16:00 | Dumbría |
E.M.F. Vimianzo | 28/01 - 18:30 | Outes |
Fisterra | 29/01 - 10:00 | Santa Comba |
Esteirana | 29/01 - 10:30 | E.D. Os Miudos |
Con. de Carnota | 29/01 - 10:30 | Baio |
Ligas de Veteranos, xornada 18
1ª División
Nantón | 29/01 - 09:45 | Bergantiños |
Bértoa | 29/01 - 10:00 | Ponteceso |
Vimianzo | 29/01 - 11:00 | Castriz |
Xv. Bergantiños | 29/01 - 11:00 | Camariñas |
Cabana | 29/01 - 11:00 | Baio |
Buño | 29/01 - 11:00 | Corcubión |
San Román | 29/01 - 12:00 | San Lorenzo |
2ª División
Sofán | 29/01 - 09:45 | Corme |
Porteño | 29/01 - 10:00 | Dep. Carballo |
Malpica | 29/01 - 11:00 | At. Milagrosa |
Leiloio | 29/01 - 11:00 | Corcoesto |
Agualada | 29/01 - 11:00 | Coristanco |
Muros | 29/01 - 11:00 | Cerqueda |
Camelle | 29/01 - 12:00 | Club do Mar |
Volve o piragüismo
E o fará en Portugal, onde esta fin de semana arrinca a tempada para o CDM Piragüismo Dumbría, coa disputa como xa vén sendo tradicional en Vilanova de Cerveira (Portugal) da Copa Ibérica de Slalom, que por primeira vez puntua para a Copa Galega de Slalom.
Volei
Este domingo en Dumbria xogase a seguinte xornada da Liga Galega.
- Infantil femenino: Manuela Rial - Orense 10:00h.
- Infantil masculino: Manuela Rial - Orense 10:30h.
- Xuvenil femenino: Voleibol Dumbría - Orense 11:30h.
- Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Orense 12:00h.
- Cadete femenino: Voleibol Dumbría - Orense 13:00h.
Baloncesto
O Oso Polar Sénior Marculino recibe a visita do Arteixo o domingo 29 ás 19:00h no Municipal de Cee. Na primeira volta o conxunto da Costa da Morte perdeu na visita a Arteixo por un amplo marxe de diferencia, no que foi un dos peores partidos da tempada. Pero desta volta queren dar a sorpresa.
O Sénior Feminino ES Bazarra recibe o venres ás 21:00 no Municipal de Cee a visita do Noia Curropesca.com, tratando de borrar o encontro da ida, e tratando de recordar o de pretempada no que as xogadoras do ES Bazarra fixeron un gran encontro. Ademais, están pendientes da confirmación por parte da Delegación se o partido que se tiña que disputar o sábado ás 10:00 fronte a ADFRO no pavillón de Cocheras trasládase finalmente ó domingo ou é aprazado.
O Romar Moreira Construcciones cadete feminino xoga o sábado no Pavillón da zona escolar ás 10:00 co Artai, tratando de seguir coa xeira de bos resultados de toda a tempada.
Ademais, o Ferroatlántica infantil masculino xoga o domingo ás 17:00 no pavillón Municipal de Cee contra o ARTAI nun partido moi complicado para os xogadores ceenses.
Os máis pequenos (alevíns) desprázanse como cada sábado a xogar a Coruña a Polideportiva Sardiñeira.
Balonmán
Este vindeiro domingo o Conservas Boya desprázase a Cangas do Morrazo para xogar ás 12:00h.
Pola súa banda, a vindeira xornada o Calvo Xiria ten un difícil compromiso na pista viguesa de Coia ante o Seis do Nadal, un equipo que está en clara liña ascendente e que se sitúa a un so punto dos carballeses. Será o sábado ás 18:30h no Pavillón Mpal. de Coia.
Fútbol Sala
- Liga Autonómica Femenina: Fisober (1º) vs Leis Pontevedra (3º). Domingo 29 ás 12:00h no Pavillón de Muxía.
- Liga Provincial Femenina:
- Manureva vs Fisober B: Sábado 28 ás 18:00h en Arteixo.
- Concello de Ponteceso F.S.F. - A Salina de Esteiro: sábado 28/01/2012 ás 19:00h no Municipal de Ponteceso.
Máis información
Crónicas da semana
- Parte de sancións con varias rectificacións do Comité.
- Xuvenil Sur: Liga finiquitada.
- Xuvenil Norte: O Ponteceso queda ás portas e o título por decidir:
- 3ª Autonómica: 5 arriba e 4 á caza.
- 2ª Autonómica: O Fisterra descólgase.
- Preferente: Sumou o máis necesitado.
- 1ª Autonómica: O Ponteceso sae da queima pero o Cee continúa queimándose.
- Resultados da fin de semana no fútbol costeiro.
- Remata a primeira volta na igualada Liga de Fútbol Sala de Cee.
Máis novas
- Vídeo entrevista, e algo máis, ao xogador do Cerqueda Nión.
- Aberta a convocatoria de axudas para os clubes e agrupacións deportivas.
- Alberto Pose analiza a primeira volta da 3ª Autonómica.
- O poder dos Miúdos.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).