Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos

A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos
Vén de enviar a Federación Galega de Fútbol a Circular explicativa sobre o sistema de ascensos para esta temporada. Un sistema que sempre quedará pendente do efecto cascada, do remate da 3ª e da Preferente, polo que os equipos da bisbarra, que rematan o 13 de maio, terán que agardar ata o día 27 para coñecer as prazas que quedan vacantes na nova 1ª Autonómica de Santiago e na Liga da Costa. Como dicimos, na campaña 2012-2013 a 1ª Autonómica terán 2 grupos na provincia: un na Coruña (con equipos de Ferrol, A Mariña e Coruña) e outro en Santiago (con equipos de Costa, Barbanza e Santiago). O grupo da 1ª de Santiago irase formando a medida que se confirmen os ascensos de 2ª, pero hai que esperar a ver os descensos da Preferente, que remata 2 semanas máis tarde, e mesmo da 3ª División. Estes arrastres pode restar postos de ascenso da 2ª á 1ª.

Ascensos de 2ª a 1ª

De 2ª a 1ª, subirán os que sexan necesarios para completar os 18 equipos do novo Grupo de 1ª de Santiago (queda pendente o do Club do Mar, en principio con intención de ir á 1ª coruñesa). De primeiras, as previsións indican que subirán os 4 primeiros equipos de cada un dos 3 grupos da 2ª Autonómica. De haberen máis prazas de ascenso, e sexan inferior a 3 faríase un playoff entre os tres 5º clasificados das 2ª Autonómicas, para decidir os ascendidos. A estimación está entre 4 e 5 ascensos, pero ao mesmo tempo todo queda pendente do efecto cascada. Por exemplo se descendesen os Soneira, Santiago de Compostela ou Unión (que nestes momentos non están en postos de descenso directo pero si poderían ser arrastrados polos da 3ª División), restaríase unha ou varias prazas de ascenso dende os 3 grupos da 2ª Autonómica.

Ascensos de 3ª a 2ª

De 3ª á Liga da Costa as cousas están algo máis claras: soben os 2 primeiros directos e un máis a través dun playoff, logo de haber máis prazas, que se estima que si, irán subindo segundo queden clasificados nese playoff. Disputarán unha promoción os clasificados do 3º ao 6º posto por sistema de Copa a dobre partido, enfrontándose 6º-3º e 5º-4º. Os gañadores destas semifinais, xogarán entre eles, e o que gañe dunha eliminatoria a doble partido, ascende seguro. Pero é máis que probable que sexan máis de 3 os ascensos. Así, se sobe 1 máis sería o outro finalista. Pero se aínda hai un 5º posto de ascenso a Federación indicounos que se decidirá noutra nova eliminatoria entre os dous semifinalistas perdedores, tamén a doble partido, e xa case que en agosto.

Reunión da Liga da Costa

Reunión da Liga da Costa

Así mesmo, Asociación de Clubes de Fútbol Federados da Costa da Morte realizaba a finais de mes unha importante Asamblea Xeral de Socios. Dos máis de 50 clubes da bisbarra estaban representados 14 (Corcubión, Mazaricos, Outes, Ponteceso, Zas, Club do Mar, Cabana, Corme, Baio, Muros, Volantes, Cee, Esteirana, Dumbría), dando conta de que fai falta máis implicación dos clubes para unha necesaria asociación para o crecemento do #futboldacosta.

A entidade asinou acordos importantes, como a apertura do prazo para a modificación de estatutos. Ademais tratou os seguintes asuntos:

  • 50º Aniversario da Copa da Costa: comezar a establecer contactos coa Federación para coordinar eventos para conmemorar a data, como exposiciónunha de trofeos, a edición dun libro, charlas... e mesmo a creación dun trofeo especial para a temporada.
  • Seleccións da Costa da Morte: en principio Berto e Manu Roque serán os adestradores da selección de maiores, pero xa se creou a Selección Infantil da Costa da Morte, que en principio coordinará Vinto, presidente de Os Miúdos. Ano a ano a asociación quere ir creando novas categorías. A idea é que os campións das categorías inferiores poderán xogar un partido contra a selección da mesa categoría.
  • I Gala do Fútbol da Costa da Morte, para premiar aos mellores xogares, equipos... Andan na procura da sede para a que está aberta o prazo ata o 31 deste mes de marzo. A idea é facer un gran día a comezos do verán do Fútbol da Costa, con partidos entre campións e seleccións pola mañá, unha gran churrascada para xantar e a Gala pola noite.
  • Transmitir a F.G.F. o malestar dos clubes polo prazo de fichaxe de xogadores en categorías inferiores. "Que pasa aquí? para fichar xogares tes de prazo maximo ata 4 xornadas antes de rematar a Liga, pero en xuvenís só se pode fichar ata xaneiro, mentres na Coruña poden fichar ata mediados de maio", explica Manuel Caamaño.
  • Púxose na mesa a proposta de revisar o tema dos ascensos, e propoñerlle á federación que cada ano ascenda da Liga da Costa un equipo á 1ª da Coruña e a outro a 1ª de Santiago, en función de onde sexa o equipo.

Nova relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios