A Federación estreou as novas instalacións de Baio cunha gran resposta dos clubs
09:47 17/01/17
Cheo completo para estrear a nova sede federativa en Baio
Tivo lugar onte en Baio unha cita histórica para o Fútbol da Costa. Tras moitos anos a Costa consegue unha sede da Federación, que se ubica xa, gracias á colaboración do Concello de Zas, no Centro Sociocultural de Baio, ao carón do pabillón.
Precisamente onte unha completa expedición estreaba as instalacións e se puñan ao servizo dos clubs para calquera dúbida. Responderon os clubs que encheron o auditorio de sempre (que se manterá operativo ao carón das novas instalacións para estas citas) e manifestaron as súas dúbidas. Ademais, a nova sede terá unha subdelegación do Colexio de Árbitros, unha das cousas máis importantes para os clubs porque permitirá reducir a tarifa.
A completa expedición estivo formada por Manu Fernández, presidente do Comité de Entrenadores, Amancio Varela, Carmen María da Mutualidade, o vicepresidente Juan Villamisar, o alcalde de Zas Lolo Muíño, o presidente Rafael Louzán, Manolo Corredoira como novo delegado da Federación na Costa, Bernardino dos colexiados, e como traballadores da propia Federación Benjamin Amigo e Diego Batalla, que nomearon a outro compañeiro incansable, Javi Trigo.
A expedición da Federación só chegou a tempo para visitar o campo de Pedra Queimada
A intención do presidente era facer un percorrido semellante ao da semana pasada polo sur da bisbarra, pero non chegou apenas para visitar o campo de Malpica, e tivo que suspender o resto das visitas. Dixo que volverá.
Expedición da Federación onte en Baio
Presentación
Louzán, na presentación fixo unha emotiva mención á familia de Dessi, o presidente do Fisterra recentemente falecido, e o fixo extensivo a todos os directivos que tanto traballan desinteresadamente. Falou tamén o alcalde Lolo Muíño, que recordou que cando xogaba hai 30 anos a Federación era moito máis lonxana e só se sabía deles polas sanción. “Isto é un Feito histórico”, sinalou, ademais de loubar o fomento do deporte e da educación que fan os clubs e os seus directivos. “Nunca se recoñece suficiente a labor desinteresada das directivas. Ao contrario, só se reciben críticas”. Así mesmo, agradeceu á fedederación e aos clubs que “escollan sempre Baio como núcleo do fútbol costeiro”.Turno de preguntas
Abriu o turno das pregunta o bo de Luís Porto, que volvía a unha destas reunións só como expepción á súa “xubilación” futboleira. Porto preguntou polos novos prezos dos colexiados, unha vez que as novas tarifas, contadas dende Baio, comezarán a aplicarse a vindeira tempada. A sede vai estar dous ou tres días da semana, pero aínda está pendente do equipamento de mobiliario para todas as sedes da Federacion, pois os Concurso se decide mañá. A partir de febreiro será dito, pero seguramente luns e mercores estará aberto a partir das 17:00h coincidindo coas clases de formación do Comité de Adestradores. A través dunha pregunta de Suso de Cabana e Dani Calvete, a Federación recordou a necesidade de facer as fichas para delegados e adestradores porque o esixe a Lei do Deporte. A problemática é clásica porque un equipo con 7 equipos e 6 directivos, como fai? Ou un pai dun xogador podería, ou un xogador non convocado? Calvete lamentou que para un só equipo, o Buño necesita ata 5 delegados polos problemas de persoal, pero a Federación nada se pode facer. José Manuel Mato, representante do SD Ponteceso en claro ton crítico, preguntou polo custe da sede da Federación em Baio, e se ese custe vai repercutir no coste da mutualidade para as vindeiras tempadas, e preguntou se lle parece bo para a federacion a venda dos pisos da Coruña. O presidente respondeu que agora hai unha sede nova e máis ampla. “A sede de Baio de momento non custa nada pola colaboración do Concello de Zas, e ademais aquí hai traballadores como Javi Trigo, que tivo unha moi boa disposición para vir a traballar aquí”, apuntou Louzán. Sobre o aumento do custe da mutualidade nas vindeiras temporadas, o presidente non se quixo mollar. ”Prometer non prometo nada, só digo que nas pasadas mutualidades non se subíu, como prometéramos no seu momento. No futuro non sei. O que di sei é que a partir da vindeira temporada, os gastos arbitrais serán menores, pero a realidade é que en Galicia estamos bordeando a legalidade porque os números din que tiñamos que cobrar 178 por cada ficha e cobramos 123, e en xuvenís cobramos 53 e tiña que ser 83”, recordando que “a mutualidade, e a federación, somos todos”. ”Agora, tras varios anos de seguros privados temos a xestión directa da mutualidade, e temos concerto cunha clinica en Vimianzo, e co Hospital de Cee e con varios hospitais privados da Coruña a disposición dos clubs”. Alberto Pose tamén preguntou pola mutualidade. Puxo exemplo dunha pubalxia non asumidas pola Mutualidade., pero a Federación recordou que non as cubre. “Ademais, podería haber unha oficina da Mutualidade en Baio?”, preguntou ao que presidente dixo que é boa proposta e pensa que se podería facer un despacho de consultorio médico da Mutualidade. Agora hai unha clínica en Vimianzo que está funcionando. Aproveitou para contar a historia do chantaxe que a empresa Quirón lle fixo a Federación dende a compra do Hospital La Rosaleda de Santiago, e que agora mesmo ”estamos intetando negociar ca Xunta que a primeira asistencia que a cubra os Hospitais Públicos de Galicia“.Sorteo da 2ª Fase de Xuvenís
Convertiuse no circo habitual o sorteo das segundas fases das categorñias xuvenís, e ao final, a cousa quedou así: Primeira xornada da Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, que xa empeza esta fin de semana:- Pedreiras-Coristanco./li>
- Ponteceso-Xallas.
- Outes-Cee.
- Fisterra- Esteirana.
- Muxía- Corcubión.
- Os Miúdos-Montelouro.
- Corme -Cabana.
- Sofán-Laxe.
- Camariñas-Baio
Entrega de balóns
Diego Batalla facendo entrega dos balóns ao Lira e Ameixenda A Federación aproveitou para facer entrega de 5 balóns a cada club:Novas relacionadas
- Luns histórico para o Fútbol da Costa coa apertura da Delegación costeira da Federación.
- E o Presidente da Federación pasou polos campos da Costa.
- Rafael Louzán: “A nivel de Copa non se vive en ningún punto de Galicia o que se vive na Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).