Sábado. 20.04.2024
El tiempo

“A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”

“A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”
Manolín, historia viva do fútbol da Costa-Foto- Miguel Freire Manolín, historia viva do fútbol da Costa-Foto- Miguel Freire Cando me despertei coa nova de que Manolín anunciaba que se retiraba, pola miña cabeza rondaron por uns segundos algunhas das lembrazas máis bonitas que teño da miña etapa profesional. E que no anuncio do seu adeus me nomease cunha carta aberta, será unha homenaxe que levarei sempre á altura de calquera éxito que poda alcanzar no meu currículum. Pero, sobre todo, empecei a imaxinar como ser xusto coa súa figura e tratar o tema. Os grandes nunca se van do todo, é certo. Non teñen o dereito a deixalo nin ao esquecemento, e pechan o seu ciclo cun adeus épico. Imaxino a Manolo, desde o atril, o banco ou un sillón antigo, falándonos como nos falou Johny Cash en Hurt, ou coma a derradeira actuación de Sinatra atravesando a cortina final. Dicía Cash que "I walked the line", e vaia se a liña do fútbol da Costa a marcou un mito con corenta anos de carreira, máis títulos que o 75% dos clubes xuntos e cos seus setenta e tres anos unhas terribles ganas de seguir vivindo, en maiúsculas.
  • Guillermo Parga: Coa Liga da Costa recén comezada, chega vostede e di que non vai volver sentarse nun banco, por que?
A min dábame vergonza dicir que me retiraba. Quen carallo son eu para anuncialo? Creo que son unha persoaxe, non só no sentido de ter gañado ou non, senón polos anos que levo. Máis adiante o máis seguro é que me lembren por iso. Pero pode que a principal razón é que cada vez que me mollo, por temas de saúde, chego temblando a casa e o paso moi mal. Non teño ganas de viaxar tampouco.
  • G.P: E colle , e se lle da por literalizalo.. dígame que dentro duns meses as súas ganas non lle van poder á súa cabeza... Esta frase define o sino de Manolín
Teño medo, entón pensei en como facelo. Arredor non hai equipos que me enchan, só podería ser o Fisterra, que xa ten o seu adestrador, e nunca fun de segundas partes. Vaise perdendo esa ilusión inicial. O que nunca permitirei é deixar de ser dono dos meus pensamentos, nin escravo das miñas palabras.  
  • G.P: Sempre ten retornado ao Unión Club Cee..
Podo dicir que ao 99,99999999 periodo, que ao Cee non volverei nunca. Quedei moi doido. Eu amei ao Cee, e non podo deixalo, pero certa xente me fixo demasiado dano. Un home que subiu o equipo, que xogou oito ou nove tempadas, gañou todalas Copas... e que aínda exista alguén que teña as narices de criticarme... O ano que dixen que non xogaríamos a Copa da Costa.. falloume moita xente.  
  • G.P: Acostumado a xubilar adestradores, xogadores e directivos, agora di que é o seu turno. Moitos dos seus alumnos comezaron con vostede, retiráronse, e Manolín seguía nos bancos...
Non son nin mellor nin peor que ningún deles. Eu amo o deporte. Tódolos días vou ao pavillón, e aínda que non podo correr, pois empezo a aumentar a velocidade máis e máis, ata que non podo.  
  • G.P: Vaia preparándose para as homenaxes...
Sinto vergonza nas homenaxes. Unha vez fíxomo o Camariñas,e eu non entendin moi ben aquelo. Por outra banda, teñolle totalmente vetado calquera homenaxe aos meus. O que queiran facerme, que mo fagan en vida. Escapo moito da miña idade e dos meus coetáneos.  
  • G.P: Unha das súas últimas paradas, a de Camariñas, resultou significativa. O presidente (Vicente Carril) e o adestrador máis lonxevos acadaron o ascenso con 150 anos de vida entre os dous...
Cando estiven en Camariñas, coma sempre tiven un trato moi cordial con el. Fíxate que foi o primeiro campo sintético na miña vida. Eu case nunca saín ben dun clube. Sempre tiven as miñas diferencias, peroempre deixei aos equipos case campións. Eu non deixo un equipo a piques de descender. Sempre teño algunhas diferencias, polo que se dixo e non se cumple.  
  • G.P: Nótase un poso de desencanto no seu discurso...
Quedei moi desilusionado dalgúns xogadores. Foime desilusionando como entenden hoxe en día a Liga da Costa, inclusive algúns adestradores. Xente xoven con autosuficiencia. Cando deixei o Ameixenda, dixen que me iba para non facerlle dano. Senón ían sair ao campo con sete futbolistas. Hoxe en día, case tódolos xogadores teñen mozas, compromisos... Quero deixar claro que non é unha crítica ao Ameixenda, que alí fun moi ben tratado, pero imaxina que mando á grada a cinco ou seis homes en condicións de xogar. A xente diría que xa toleei. Sería faltar á miña palabra e ao meu propio compromiso.  
  • G.P: Pero polo xeral, cara vostede sempre tense amosado un respecto case reverencial.
Case todo o mundo ten sido moi respectuoso comigo. Pero ves cousas nos quecementos dos encontros... Pódese dicir que falta de comprimiso, ou ilusión. Eu non podo saltar a un campo pensando que me da todo igual. Para competir hai que estar, e unha vez que estás tes que ir a gañar. Iso si, non como sexa.  
  • G.P: Unha vez escoitei a Italia e a Manín falar de como antigamente convocacabas a un Xuvenil e cos nervios non durmía en todo o día. E sen embargo, agora nin queren ir convocados.
Nin antes eramos fenómenos nin agora tan malos. Hai diversidade para poder pasar a tarde ben e de moitas formas. Tamén no afeccionado tense perdido esa ilusión. Moitas veces, chamábanme dos medios e ata mentía no número de siareiros.  
  • G.P: E non lle gustaría retomar a súa labor de base?
Hoxe das a man e un cheque firmado. Hai unha cousa moi clara, dá a sensación de que a sociedade protexe aos nenos. Pero que os malcría tamén. Co Maratón das Estrelas fun moi feliz, pero Vigo fíxome moito dano. No momento que un pai paga unha cota crese con dereito a todo. Algunha vez díxenlle a algún pai que marchase do campo. Os partidos os decido eu, porque os nenos son tan crueis, se un neno, perde un partido. E ese podería ser de novo o gran problema.  
  • G.P: E nin o neto lle sae futbolista...
Ese foi o castigo a tantos anos adicado ao fútbol. Manolin frase 2 Outra das xoias que nos deixa Manolín
  • G.P: Que lle diría aos que sufriron as súas famosas broncas?
Moitas veces cometin erros. Perdoade a miña forma de ser, pero non podo cambiar. Pero tamén fixen moitas trampas no vestiario. Moitas veces simulaba os cabreos, aínda que ao final acababa por cabrearme de verdade.  
  • G.P: Se houbese outro Manolín no mundo, e o coñecera, non cre que acabarían a tortas entre vostedes?
Levo no peito a Che Guevara e Jesucristo, os meus dous ídolos, seguramente lle diría: 'súmate a nós, que entre os catro imos cambiar este mundo' (bromea).

Conversas co Mito

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios