Venres. 29.03.2024
El tiempo

A historia do Fútbol Praia naceu en Ponteceso

A historia do Fútbol Praia naceu en Ponteceso

O mellor xogador da historia dunha disciplina deportiva. Dise pronto, pero coa boca grande se ademais falamos dun home de Ponteceso. Ramiro Figueiras Amarelle é a gran referencia mundial deste depòrte, que leva 20 anos, os mesmos ca el, convertíndose nun gran espectáculo deportivo.

Empezaba na pista da casa do seu avó. No seu colexio da Coruña chamábanlle “Botín de Oro”, e no Ural e no Deportivo Xuvenil demostrou que podía chegar moi alto sobre o céspede. Pero un xa mítico campionato de Fútbol Praia na Coruña cambioulle a vida. “Humillou” ás vellas glorias da Selección Española naqueles anos 90, que decidiron fichalo.

Estes días, o Informe Robinson de Canal+ fala con aqueles míticos Quique Setién, Gordillo… que crearon unha figura mundial. E fala tamén co noso veciño, un Ramiro que segue en activo, como capitán-adestrador dun Barça que ten un marcado acento costeiro. Quédalle a Copa do Mundo a Ramiro por gañar. Polo demais, o trasteiro da casa do avó case non dácabida a todos os trofeos.

Fermosa e merecida homenaxe, que nos enche de orgullo.



Novas relacionadas

Fonte

Ramiro Amarelle na praia de Sabon co Informe Robinson de Canal plus

Comentarios