A Liga da Costa xa está aquí - Análise da 2ª Galicia
08:30 14/09/17
Xa a temos á volta da esquina. Esta fin de semana iníciase a 55 edición da liga de modestos mais afamada de Galicia, a Liga da Costa, nas súas 2 categorías, 2ª e 3ª Galegas. E non era sin tempo, os equipos están coas pilas cargadas e a punto para sacar os coitelos e baterse o cobre nos campos costeiros.
O Ponteceso, entre os candidatos ó título, cambio de adestrador incluido
É a desta tempada unha competición marcada por un feito: o descenso a 16 equipos da 2ª, e o aumento a 13 da 3ª, coa presencia de volta do histórico Muros. Parece que quedan unhas ligas mais racionais e competidas, e un calendario un pouco menos asfixiante, onde poidamos incluir a nosa querida Copa da Costa coa holgura e respeto que merece.
Temos a priori unha 2ª Galicia que vai a ser moi competida tanto polos postos altos como entre os conxuntos que teñan como obxectivo evitar o descenso. A reducción a 16 equipos fai que ninguén se poida durmir, e cremos que lle da moito mais interés e competitividade.
O Zas, coa presencia de Rubio, entre os animadores da liga
Nun primeiro pelotón parten como candidatos ó título os dous descendidos, Outes e Zas, xunto con Mazaricos e Ponteceso, que o ano pasado animaron a loita polo ascenso, e por suposto o Corme, sempre na mente de todos. O Outes mantén un bloque co que leva traballando anos, e con individualidades destacadas como as de Iago Dosil, Dani Maroñas, Eli, Mario ou Chua. Gañar no Cunchido sempre é complicado, ademais. Os de Zas, con Manolo Corredoira no banquiño, a pesar de ter que armar un equipo ás presas, logran ten un conxunto temible, cos David Blanco, Victor Vecino, Rubio, Manu Fuentes ou Dani Mato. Calidade a raudales na súa liña de ataque. O Mazaricos perde potencial en ataque coa marcha de Chenel, pero gana consistencia defensiva con Roberto Amoedo, que fará as funcións de adestrador - xogador. O Ponteceso, a pesar das convulsas semanas de pretempada, coa marcha do adestrador Jose Barca e a chegada de Tito Pedreira, mantén un bloque que o ano pasado xogou de maravilla, cos Mendieta, Recarey, Martín Puente, Matías e compañía. Seguro que estarán loitando por todo. E que falar do Corme, sempre co seu estilo diferencial, ainda que a falta do seu goleador Alejo seguro que se nota, ten argumentos suficientes para poder ser campión.
Javi, unha das estrelas da Liga da Costa
Nunha segunda liña, esperando dar o salto a candidatos serios a todo, Lira, Baiñas, Cee, Esteirana ou Cerqueda, ben seguro que dan moitos sustos e por que non, se poden asomar ós postos mais altos. O Lira foi un dos animadores do mercado, e a mera presencia de dous cracks costeiros como Pesco e Toni faino un dos equipos mais atractivos da liga. O mesmo lle pasa ó Baiñas, que con Javi Souto e Jesús ten a dous xogadores de superior categoría que farán as delicias da afección dos de Vimianzo. O novo proxecto do Cee arranca con vellos roqueiros como os Leo, Bello, Nico, Berto, Carlos Leis, Parroto e demais, e xovenes promesas da prolífica canteira ceense. En Esteiro, os Josiño, Pladur, Alex e cia vannos dar moi boas tardes de fútbol e haberá que ter cuidado con eles, non fai tantos anos que foron campións da Costa sorprendéndonos a todos. O Cerqueda aposta por manter o bloque e a seriedade de anos pasados, reforzando puntos chave con xogadores contrastados como Javino ou Prol.
Nunha zoa mais de permanencia podemos atopar a Malpica, Buño, Coristanco, Montelouro, Muxía ou Camariñas. E ollo que sempre falamos a priori, pois calquera destes equipos ten armas para facerlle a vida imposible a calquera. O Malpica está nunha situación de dúbida grande, con dificultades para atopar xogadores. O mister Repi vai a ter que facer maxia unha vez mais para sacar rendemento de onde parece imposible. Os veciños de Buño cambian a Mauro por Dani Calvete, home para todo en Buño, con maneiras de futuro bo adestrador, e que conta cun plantel moi novo co que se pode traballar. En Coristanco e en Louro, tanto Pensado como Oscar Leis teñen un mérito enorme, polo que fixeron o ano pasado, e polo que tentan facer este, competir cos grandes equipos costeiros con conxuntos modestos no económico pero enormes no espíritu. E cuidadiño en Louro co talento de Juan de Celia, e en Coristanco coa presencia de Diego Mallo na portería, dous xogadores que poden ser decisivos para os seus equipos. Por Muxía están con toda a ilusión da volta á 2ª, e o bo traballo dunha directiva dedicada e sensata como poucas lévanos a pensar que o Muxía pode ser unha das revelacións da tempada. Ollo con eles. Para finalizar, en Camariñas soplan ventos de renovación, cunha tropa de rapaces xoves que intentarán facer honra á unha das camisetas mais laureadas da Costa.
Os vellos rockeiros nunca morren en Cee
En definitiva, que nos espera un ano mais unha tempada apaixoante no deportivo e no social. Esperamos vervos polos campos, e seguindo a xornada todos os fins de semana en www.futboldacosta.com.