FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal
Non xogaba o Fisober pois aprazaba o seu choque na Liga Galega. Así que o protagonismo queda para os equipos da Liga Provincial. Descansaba o Ponteceso, e houbo sorte dispar para o resto. As que seguen sen parada son as do Vila de Cee, que amplían a súa renda no alto da táboa a 8 puntos sobre o Troula de Betanzos, tendo un partido máis, e 12 sobre o Ponteceso, que ten 2 encontros disputados menos. Hai que destacar o impresionante campionato que están a facer as rapazas de Juan Jesús que, á falta de dúas xornadas o FSf Villa de Cee xa é o campión da primeira volta levando 10 vitorias e 1 empate.
Non tiveron a mesma sorte os homes do Vila de Cee que caeron por primeira na tempada ante unha polémica actuación arbitral na propia casa.
E tampouco gañaron as Roxiñas de Lira nin o Atletes de Esteiro, que volveu á realidade trala súa primeira vitoria do curso.
Liga Provincial feminina, xornada 11
- Resultado: Santiago Futsal A Gaiola - FSF Villa de Cee (1-2)
- Vila de Cee: Carla, Adriana, Alba, Andrea e María de Dumbría. Tamén Marta, María Lijó, Paula Trinidad e Serena.
- Goles: 0-1: Andrea; 0-2: María de Dumbría; 1-2.
Na primeira parte saíron con forza as rapazas do Gaiola, intentando dominar o xogo e cas xeenses esperando en media pista e medindo o nivel do rival. Ata os primeiros 10 minutos non se crearon ocasións para ningún dos equipos . A partires de ese momento as Ceenses pasaron a dominar e nunha contra efectuada por Andrea a cal se vai de tres xogadoras consegue marcar o 0-1. Os poucos minutos noutra xogada de Andrea onde se escapa consegue centrar para María de Dumbría que marca o segundo. Seguía a dominar o partido as ceenses e xenerando ocasións, mentres as rapazas do Gaiola non eran capaces de xenerar xogo e limitábanse a intentar defenderse e saír a contra , xa faltando poucos minutos da primeira parte conseguen o Gaiola recortar o marcador nunha contra, índose o descanso co resultado 1-2.
Na segunda parte durante os primeiros 10 minutos as Ceenses intentaron irse a polo partido, dominando o xogo e creando moitas ocasións , pero entre a porteira e os paus non foron capaces de marcar. O Gaiola recurría a endurecer o xogo con moitas faltas e na parte final do partido fixeron sufrir o FSF Villa de Cee, o cal cerrouse atrás a defender o resultado, o Gaiola chegando a xogar de 5 ca porteira xogadora chegaron a disfrutar dalgunha ocasión, mais a boa defensa das rapazas de Juan Jesus conseguiu levarse o partido co resultado final de 2-1. Cometamos que o arbitraxe sufrido polo FSF Villa de Cee durante a 2ª parte do partido foi lamentable, casero, medindo as faltas de forma moi diferente, onde permitiu o equipo da casa endurecer o seu xogo e pitando faltas as Ceenses que tan so o arbitro viu e regalando saques de banda o equipo local.
As Estreliñas esta semá son: 3* para Fisterrana Andrea, golazo, 2* María de Dumbría, na súa liña de toda a tempada, traballo e por riba gol, 1* Alba, incombustible e perfecta en defensa.
Con este partido o Senior feminino despídese ata a volta do Nadal pois tócalle descansar a seguinte xornada e recibirá o 9/01/2016 o Troula Betanzos FS, actualmente 2º clasificado.
Provincial Masculino, Xornada 10
- Resultado: FSF Villa de Cee - Brion FS (0-0).
- Vila de Cee: Rafa, Estrella, Aitor , Juanjo e Marroco: Tamén Josiño, Mario, Champi, Tomás Pablo, Miguelón e José Antonio.
- Goles: 1-0: Mario de penalti; 1-1; 1-2.
Comezaba o partido con moito respecto entre ambos conxuntos, onde os visitantes tentaban levar a iniciativa no xogo. Os Ceenses foron despertando e conseguiron poñer contra as cordas o Brión , tendo a ocasión mais clara do partido Champi. Chegaríase o descanso co empate a 0 goles.
Na 2ª parte repítese o mesmo guión, onde nun roubo de balón Mario escápase e sufre un penalti o cal el mesmo transformaría. A partir do gol rompeuse o partido e o Brión nun rexeite faltando 5 minutos consegue empatar. Todo apuntaba o empate no tramo final do partido cando faltando tres segundos un pésimo arbitro quixo converterse no protagonista do partido . e ante o asombro dos locais e do público e do propio equipo contrario, nunha saída de banda do balón, pita a mesma, os ceenses páranse e o xogador do Brión continúa, marca gol e o árbitro o dá por válido, tendo pitado antes saque de banda. Inxusta derrota dos ceenses que lamentan a actuación arbitral.
En todo caso, as Estrelas esta sema son moi complicadas onde todos estiveron fantásticos, 3*-2* -1* para todo o equipo os cales deron o nivel ante o líder non se renderon ata o final e que polo implicados que están seguro van comezar a volta do Nadal a remontada na clasificación.
Esta foi a primeira derrota do Senior Masculino FSF Villa de Cee no seu primeiro ano de campionato, o cal o deixa na Clasificación na metade da táboa acadando o 6 posto e cun partido menos co líder e quedando a 3 puntos do segundo clasificado. Descansará agora o equipo ata a volta do Nadal, xogando o 09/01/2015 contra o Pulpomovil FS.
Liga Provincial feminina, xornada 11
- Resultado: Ártabras Fene FSF - D. Atletes FSF (7-0).
- Atletes: Andrea(1); Antía(2); Marta; Uxía(2); Almudena; Cristina; Laura; Eva(2).
Partido celebrado en hora matutina, no extraordinario Pavillón Municipal de San Valentín de Fene. Coincidiu este partido ca celebración da XXX Carreira Popular Memorial Adolfo Ros Volta a Ría. Esta célebre media maratón correspondeulle celebrala este ano o Concello de Narón. Con unha mañá totalmente clara e soleada, a mesma hora do partido peregrinaban, xa totalmente cansos, os esforzados da ruta pola Ponte das Pías. Para o equipo femenino das esteiranas e os seus acompañantes, supuxo unha enorme satisfacción, e moi emocionados contemplaron ver pasar por diante do pavillón a un esteirán correndo a media de Narón na entrada da ponte. Este esteirán ilustre, era nada máis e nada menos, que Nestor Torea. Desde a súa casa queren darlle a enhoraboa e gracias por facernos máis deportistas. "Ánimo campión!" berráronlle as sáus veciñas.
Ao pouco de comenzar o partido, produceuse una xogada de ataque do Atletes con gran perigo para a portería das de Fene. Este ataque, foi a única ocasión clara das esteiranas en todo partido. A partir de aquí, as de Fene cedían o medio campo das esteiranas para desde o seu campo facer una presión moi intensa que abortaba todo ataque do Atletes. Porén as de Esteiro contiñan bastante ben as de Fene. Estas, una vez que pasaban a xogar no campo das do Atletes, costáballes chegar con claridade a portería das de Esteiro. As de Fene moi ben situadas no campo, xogando muy abertas, e con paciencia, lograron irse ao descanso con un 3 a 0 a favor.
Na segunda parte, as de Fene mostraron a súa calidade, mostrándose como un equipo muy compacto. Con gran seguridade atrás, e xogando con muy bos conceptos de futbol sala, foron marcando has catro goles máis, deixando o marcador final de 7 a 0.
As de Esteiro non fixeron un mal partido. Nótaselles que pouco a pouco vanse adaptando a categoría e vanse mostrando máis seguras. Non hai que esquecer que, excepto dúas xogadoras seniors, unha é xuvenil, e 6 son cadetes de 14 anos.
Liga Provincial feminina, xornada 11
- Resultado: Concello de Carnota Lira FSF – Cruces FSF. (0-2).
- Lira FSF: Lía, Inés, Terre, Martina e Cris. Tamén xogaron: Eva, Alba e María.
Pouca entrada na tarde do sábado para ver ás Roxiñas. Comezou o partido con ambos equipos tanteando ás rivais e as Roxiñas con moita forza en ataque e defensa, dominando unha primeira parte na que a primeira oportunidade clara chegou por parte de Alba, que botou o balón fóra por pouco.
Seguiron as Roxiñas dominando, mais un erro no ataque local convertiuse nun 3 contra 1 no que Terre e Lía nada puideron facer, poñendo así o 0-1 no marcador. Ían así ó descanso, coa mala noticia da lesión de Cris.
Voltaron as Roxiñas con máis ganas aínda que na primeira parte, presionando arriba ás de Vila de Cruces e con múltiples ocasións de gol por parte de Martina, María, Alba e Eva. Non era o día acertado de cara a portería, pois non conseguiron materializar ningunha das ocasións. Pola contra, o Cruces convertiu un tiro raso de fóra da área no que sería o 0-2 definitivo.
Lesionada tamén Eva, as Roxiñas non baixaron os brazos e loitaron ata o final, mais non puido ser.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
Crónicas da temporada
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- .
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).