Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa

A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa
O Fútbol da Costa celebrou onte a súa noite máis Solidaria.
Fermosa noite en Santa Comba para celebrar o Partido Solidario que QPC artellou coa colaboracion da Cruz Vermella Vimianzo, o Concello xalleiro e ca colaboración de Ferroatlántica.
O máis importante é que se conseguí colleitar cartos para que máis de 50 nenos das comarcas de Soneira e Xallas poidan disfrutar de roupa deportiva.
Gracias á boa recadación en Fontenla emais ás aportacións á Fila 0, con grandes aportacións de entidades como Ferroatlántica ou persoais como a do sempre implicado Luís Porto.
Temos que agradecer tamén ao Real Club Deportivo de La Coruña, a Héctor Antelo da Fundación Atlético de Madrid, a Manolo Martín do Real Madrid , sempre disposto a axudar en clave merengue para unha causa solidaria, a o meta coristanqués Rubén Martínez, e a Juan José Vila, que conseguíu a camiseta do mesmo Asensio do Mallorca. E tamén ao Coruxo, que ademais dunha disponibilidade total trouxo unha bufanda que tamén foi sorteada.
Hai que agradecer tamén a doazón do XSC de varias equipacións e de Esteban Blanco, que no nome do Santa Comba CF doa tamén varios chándales do antigo cadro laranxa.
Ademais, non se nos pode esquecer a colaboración do Sofán, que doou froita aproveitada por Cáritas Santa Comba.
Combinado da Costa - Coruxo (2-4)
Combinado da Costa: Julián, Ruben Forján, Pereiro, Iago, Chúa, Jota, Diego Cespón, Alberto Recarey, Iván Rojo, MC e Javi Suárez. Tamen xogaron: Oscarín, Álex, Adrián Makaay, Juan de Dora, Toniño, Lucas, Brais, Adrián e Pombo.
Goles: 1-0, min.5: Javi Suárez cruza o balón tras un pase de Iván Rojo e un bo cambio de xogo de Diego Cespón; 1-1, min.30: Ben; 2-0, min.40: Alberto Recarey; 2-2, min.50: Fran; 2-3, min.60: Diego Lamas; 2-4, min.75: Mateo.
Incidencias: 250 persoas nunha noite fría en Fontenla.
Gran primeira metade do combinado costeiro ante o Coruxo de Rafa Saez.
O choque comezaba co tanto de Javi Suárez tras unha boa combinación. Pouco despois chegaba unha boa Parada de Julián a un despexe dun defensa.
Pouco despois MC cruza demasiado o balón nunha internada.
MC seguía facendo dano pola esquerda e metía un bo balón co exterior a Javi Suárez que enviaba fóra a volea.
O cadro vigués empataba á media hora por medio de Mella pero Alberto Recarey puña de novo ao Combinado costeiro por diante antes do descanso.
Servíu o descanso para facer o sorteo das camisolas cedidas con sorte mesmo para xente da casa de QPC!! E sen tongo!
Saíu máis enchufado o Coruxo ma segunda metade e pronto lle daba a volta ao marcador e obrigaba a Pombo a facer un par de boas intervencións.
Non chegou o Combinado costeiro á meta rival na segunda metade e o equipo verde fixo moito dano coa entrada de Mateo e o bo traballose Fran arriba, ata colocarse 2-4 no marcador, para pechar a fría noite.
Pero nada mellor para quentar os ánimos, a derrota foi o de menos, que o Terceiro Tempo, cuns boa pinchos que disfrutaron os xogadores na Nosa Taberna, gracias ao Concello de Santa Comba.
Esta semana levarase a entrega da roupa deportiva aos nenos de Vimianzo e Santa Comba. A Cruz Vermella Vimianzo e o Departamento de Servicios Sociais do Concello xalleiro realizarán a entrga deste regalo do Fútbol da Costa!

Comentarios