Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Pipa: Muros, a Festa do Fútbol da Costa

A Pipa: Muros, a Festa do Fútbol da Costa
Xogadores da Esteirana celebrando o título da Liga da Costa. Foto: Conchy Freire A festa no fútbol costeiro quedouse esta tempada no Concello de Muros, pois ao título e ascenso en Terceira de Volantes e Muros, únese agora o campionato de Liga da Costa conseguido pola Esteirana, de xeito moi merecido, a falta de dúas xornadas para a conclusión do campionato. Os azulgrana tiñan un compromiso moi complicado coa visita dun Coristanco que busca a permanencia en Segunda, pero liquidárono cun solitario tanto na segunda metade, suficiente para que os tres puntos quedasen no José Luís Vara, coa conseguinte festa e alegría dos xogadores e seguidores da Esteirana, que retornan así á Primeira Autonómica. Axudou ao campión o empate do Mazaricos no seu partido ante o Camariñas, e é que os amarelos tiñan que gañar para seguir tendo opcións, pero os locais, coa a auga ao pescozo e buscando esa permanencia na categoría, sacaron un empate que pode valer o seu peso en ouro e deixa aos mazaricána no posto de promoción e sen opcións de título. Pinchazo do Corme en Zas, onde terminou cedendo un encontro que, na súa primeira metade, non facía presaxiar o resultado final de 5-1 para os locais. E na segunda comezou cun penalti favorable aos azuis, que marrou o seu goleador Alejo. Logo chegaron os tantos locais, e, entre medias, o do honra do Corme, que segue pugnando pola promoción, a tres puntos do Mazaricos. Quen dixo virtualmente adeus ás súas posibilidades de promoción foi o Baiñas, que viu como un necesitado Cee lograba o triunfo en Vimianzo por 2-4, nun choque onde o Baiñas logrou remontar un inicial 0-2, colocando o marcador en empate a dous, pero dúas accións do incombustible Leo deron o triunfo aos ceeses, que escapan da zona de descenso directo, a que deixan a catro puntos. Por abaixo, a loita segue sendo pechada por alcanzar a permanencia, e, salvo o Coristanco, o resto logrou puntuar no seu encontros. O Outes cede o último posto ao Camariñas ao vencer en Ponteceso por 1-2. Os pupilos de Lodeiro adiantáronse no marcador, cedendo un momentáneo empate xa na segunda metade, para conseguir o tanto do importante e crucial triunfo dos blanquinegros, que se sitúan a dous puntos do Coristanco e catro do Cee. O Buño vencía no seu terreo de xogo ante o Monte Louro e aumenta a súa distancia con respecto ao posto de arrastre en cinco puntos, e líbrase definitivamente do descenso directo a falta de dúas xornadas, do mesmo xeito que o Monte Louro, que ten seis de vantaxe sobre o primeiro arrastre, e de momento único que se pode producir desde Primeira, sempre que Fisterra e Baio fagan os deberes. O Malpica, con dous tantos de Dani Casal, tamén parece atopar a tranquilidade con 36 puntos, como Louro e Lira. Os malpicáns perdían ante o Muxía por 0-2, nun gran partido visitante, pero foron capaces de lograr un empate que pode significarlles o ver con maior tranquilidade o desenvolvemento das dúas últimas xornadas de competición. O Lira sufriu, e moito, para derrotar a un Cerqueda que gañaba por 0-2 con autoridade, pero ao final terminou cedendo por 3-2 ante un conxunto que, de perder, vía moi complicada o seu permanencia na categoría. O partido tivo de todo, tensión, nervios, goles, intensidade,  e triunfo final local pola mínima. Na próxima xornada, os focos de atención centraranse na zona baixa, cos duelos Coristanco-Camariñas; Outes-Sp. Zas; Cee-Lira e Cerqueda-Buño, con todo en xogo para moitos dos equipos. Por arriba, o Mazaricos rende vista ao Ponteceso e o Corme recibirá no Cairo ao Baiñas, coa segunda praza e a promoción en xogo. Os choques Monte Louro-Malpica e Muxía-Esteirana teñen moi pouco en xogo, salvo no primeiro caso o afianzar a permanencia de xeito absoluto e no segundo o referendar os dous equipos a excelente campaña realizada, co liderato e título para a Esteirana e a quinta praza nestes momentos para os pupilos de Adrián Lema. PROMOCIÓN DE ASCENSO : - MAZARICOS (53 puntos) : Ponteceso (f) e Coristanco © - CORME (50 puntos) : Baiñas © e Lira (f) - BAIÑAS (48 puntos) : Corme (f) e Outes © DESCENSO (ou arrastres) : - BUÑO (35 puntos) : Cerqueda (f) e Cee © - UC. CEE (32 puntos) : Lira © e Buño (f) - CORISTANCO (30 puntos) : Camariñas © e Mazaricos (f) - OUTES CF (28 puntos) : Sp. Zas © e Baiñas (f) - CAMARIÑAS (27 puntos) : Coristanco (f) e Muxía © - LIRA, MONTE LOURO E MALPICA, con 36 puntos, aseguráronse eludir o descenso directo, e virtualmente eluden do posto de descenso por arrastre, aínda que necesiten, cando menos, dous puntos para iso si o Cee gaña os dous encontros que lle restan.   PROMOCIÓN DE ASCENSO A SEGUNDA Xa temos finalistas da promoción de ascenso a Segunda Autonómica. Serán Porteño e Ameixenda os que busquen dar o salto á categoría superior, retornando á mesma tralo seu paso pola Terceira Autonómica. O Porteño deu a campanada en Cabana, pois na ida o 2-2 deixaba a eliminatoria moi aberta e con lixeira vantaxe para os negriazules locais, pero o Porteño soubo sacar proveito das súas intencións e cun novo gol de Rachón, con 1-1 no marcador, deu o pase á final aos homes de Sergio Varela. Pola súa banda, o Ameixenda, que empataba na ida no terreo do Camelle, sufrindo do lindo para deixar fóra da fase ao conxunto camariñán, pero ao final un solitario tanto fixo bo o resultado da ida para colocar aos ceenses no encontro decisivo. A ida disputarase este fin de semana en Ponte do Porto, para ser a volta en Cee, unha semana despois.   PRIMEIRA AUTONÓMICA En Primeira, importante paso o dado polo Baio nesa loita por eludir o descenso e os posibles arrastres de Preferente. O derbi ante o Fisterra resolvérono ao seu favor os pupilos de Diego Díaz cun 1-2 final, que fai que os branquiazuis dean un salto importante na táboa e superen a un conxunto verde que queda a cinco puntos de vantaxe sobre o Tordoia, equipo que pecha os arrastres, se se producen, e que nesta xornada perdía no seu duelo co Soneira, en Vimianzo, por un solitario 1-0, nun choque ciertamente flojo e onde a presión pareceu atenazar aos visitantes, que na segunda metade cederon ante un Soneira que se fixo acreedor ao triunfo final. Non puido sacar nada positivo o San Lorenzo en Verdillo, ante un Bertamirans que nada se xoga nestas últimas xornadas, pero a fortuna, unha vez máis, volveu ser esquiva cos rojillos, que ven moi complicada a súa permanencia na categoría tras este tropezo, e quedan a cinco puntos do Tordoia. Na próxima xornada, derbi en Baio, onde chega un Soneira con nada en xogo e un Baio que, de gañar, case podería asegurar o seu permanencia un ano máis en Primeira. O Fisterra rende visita ao segundo clasificado, Agolada, que está buscando, cando menos, asegurarse a promoción de ascenso, en dura loita con Piloño, Unión, Bastavales e Flavia. Para rematar, o San Lorenzo queimará os seus últimos cartuchos na súa visita a Tordoia e onde necesita gañar, si ou si, para permanecer vivo nas xornadas que restan.   PREFERENTE Xornada para esquecer en Preferente, onde os tres representantes costeiros perderon nos seus desprazamentos a Lugo, Betanzos e Paiosaco, onde Xallas, Sofán e Dumbría, respectivamente, víronse superados polos seus rivais. Entraban dentro da lóxica as derrotas de Xallas e Dumbría nos terreos do líder e do segundo clasificado, respectivamente, pero desenvolvéronse de xeito diferente, pois os verdes deron a cara ante o filial do Lugo, o Polvorín, e puxéronse por diante no marcador, pero ao final terminaron caendo por 4-2. En Paiosaco, o Dumbría aguantou un tempo, chegando ao descanso con 1-0, pero na segunda metade, e tralo 2-0, os locais deron un arreón que non puideron contrarrestar os pupilos de Nacho Barreiro, terminando a contenda cun claro 4-0 final. Da mesma xeito desenvolveuse o Betanzos-Sofán, cun once local que se xogaba moito no envite de face a escapar da zona de risco, e na segunda metade pasou por encima dos rojillos, endosándolle un 3-0 que, ao termino dos priemros corenta e cinco minutos, non parecía próximo a producirse. Na próxima xornada, os tres xogan antes os seus afeccionados, sendo o partido máis importante o que disputará o Dumbría, que recibe ao Viveiro, e do que lle separan tres puntos na táboa clasificatoria, e de gañar podería dar un importante salto, sobre todo si o Xallas é capaz de superar na Fontenla a un Residencia que mantén unha vantaxe de dous puntos sobre o Dumbría. Duelo estelar en Carballo, onde o Sofán recibe ao segundo clasificado, Paiosaco, nun mini-derbi de proximidade e que seguro levará moitos afeccionados ao recinto das Eiroas.
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

Novas relacionadas

A Pipa 17/18

Fonte

Comentarios