A Pipa: O fútbol da Costa si que é Clásico

14:58 30/10/18

3ª Galicia
Cambio de líder en Terceira, pois o Coristanco descansaba, e o Castriz non fallou ante un Baleas que lle puxo as cousas moi complicadas aos pupilos de David Veo, pechándose o choque cun 4-2 final, trala loita pechada nos noventa minutos. Gran vitoria do Camariñas sobre un Laxe que nada puido facer para frear o bo xogo dos pupilos de Tono, que recuperan boas sensacións na competición. Reparto de puntos na Serra, onde o Outes non puido cun Porteño moi traballador e complicado de superar. O 1-1 non satisfixo a ningún dos dous, pero mantén ao Porteño en zona de promoción e deixa ao Outes a dous puntos da mesma. Remontada e goleada final do Cabana no terreo dun Castrelo que parece frear o seu gran inicio de campaña. O 2-5 final deixou claro que os pupilos do tándem Fernando-Pablo queren recuperar sensacións e seguir optando ao ascenso directo. Primeiro triunfo da competición dun Seaia que abandona o farolillo vermello vencendo e convencendo ante un Corcubión que agora pecha a táboa clasificatoria. A loita dos locais tivo o seu premio final cos tres puntos en xogo. En Camelle, o once local tiña un duro compromiso ante o Nantón, liquidado cun 2-0 que deixa aos locais un punto por encima dos visitantes na táboa clasificatoria, ambos en zona de play-off. Dous duelos chaman a atención a próxima xornada. Por unha banda, o Coristanco recibe na Rocheira ao Camelle, mentres que o Cabana será anfitriñon na visita do Camariñas. O líder terá un complicado rival no Nantón, mentres que o Castrelo non pode fallar no terreo dun moi mellorado As Baleas. Laxe e Outes buscarán os tres puntos en xogo para seguir o ronsel do play-off, mentres que o Porteño intentará manter a súa posición de play-off superando en Ponche do Porto ao Seaia.1ª Galicia
Liquidou o derbi de Primeira o Fisterra cun triunfo incuestionable en Dumbría, onde os locais se adiantaban no marcador, pero dous tantos de Pablo Lestón remontaron a contenda e colocan ao once verde na segunda praza da táboa clasificatoria, freando en seco a reacción dos pupilos de Julián. Non cede o Baio, pese a que o Bastavales igualou a contenda no Pratas Reinoso, onde os locais fixeron méritos máis que suficientes para sumar o triunfo, pero ao final tiveron que conformarse cun punto. Mantén a súa reacción o Soneira, que sacou un empate sen goles no terreo do Chaián. Os homes de Pedro Gómez puideron gañar a contenda e aos poucos van saíndo da zona de perigo da clasificación. Tiña un complicado encontro a Esteirana no terreo do líder, Sigüeiro, e non puido sacar nada positivo o conxunto de Gelo, que viu como os locais o derrotaban por un claro 3-0, pese aos intentos dos azulgrana de conseguir un mellor resultado. Na próxima xornada, o Fisterra mídese ao Esclavitude, terceiro, no partido da xornada en Ara Solís. O Baio visita a un histórico como o é o Lalín, separados por tres puntos na táboa. A Padrón irá o Dumbría en busca de tres puntos complicados ante un Flavia que marcha na cuarta praza, dous puntos por encima dos dumbrieses. A Esteirana buscará o seu segundo triunfo da competición no José Lis Vara ante un complicado Val do Ulla.Preferente
Xornada moi positiva en Preferente, con dobre triunfo dos equipos costeros nesta xornada. Na Fontenla, o Xallas deu un recital de fútbol e goles ante o colista, Estudiantil, endosándolle un rotundo e merecido 6-1, resultado que puido ser máis amplo polo xogo dos verdes. No Carral, o Sofán recibía a visita do Arzúa de Chus Baleato, e o 2-0 premiou o bo xogo e traballo dos pupilos de Iván Cancela, que deixa aos rojillos na oitava praza e frea a boa marcha dos visitantes, aos que deixa fóra dos postos de promoción de ascenso. Na xornada deste fin de semana, complicada saída do Sofán ao terreo do líder, As Pontes conxunto que suma triunfo tras triunfo. Pola súa banda, o Xallas rendirá visita ao Viveiro, sexto, a tres puntos dos xalleiros.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
