A Quedada de Pesca uniu a medio centenar de pescadores na costa cormelá


Preto de 60 persoas participaron este pasado domingo 12 de novembro na II Quedada de Pesca de Fondo e Spinning, que organizou a Asociación Deportiva de Pesca Marítima de Corme e a tenda de pesca pontecesá A Bordo. Dende a praia da Barba (dada a acollida da quedada dos participantes aumentouse a zona de pesca) os pescadores foron collendo o seu espazo aproveitando os sendeiros do Camiño dos Faros.
Si que facía algo de orballo a primeira hora da mañá, e as pedras estaban algo molladas. Ademais, o mar estaba algo revolto, polo que a organización avisou de ter algo de coidado nas pedras. Foi precisamente o organizador Emilio Cambre o que esvaraba e rompía a cana protagonizando a anécdota do día, pero a cousa non foi a máis.
Houbo máis cantidade que a calidade das capturas, pois foron moitas as capturas pero non foron demasiado grande. En todo caso, non era unha cita competitiva, era un momemto para o disfrute, e houbo premios para todos os participantes gracias á colaboración: canas, rapalas, fundas… Todo o mundo marchou contento, polo que parece que estas quedadas se repetirán en breve.

Os podios
Podio spining
1º Steven Mancebo de Malpica;
2º Eduardo Cancelo de Santiago;
3º David Pereira de Coristanco.
Podio de pesca de fondo:
1º Manuel Lema de Ponteceso;
2º Jonathan Baneira de Corme;
3º Juan Centeno de Ponteceso.
Uníndose
Unha boa iniciativa a de recuperar estas asociacións do mundo de pesca, unindo pescadores de toda a comarca, que poidan refuxiarse no paraugas da entidade para solicitar algunha cousa. Moitos consideran a pesca furtiva como un dos grandes problemas contra a pesca deportiva (o pouco das capturas, por exemplo), ou problemas como non poder extraer poliquetos.

Artigos relacionadas
Novas relacionadas
- Corme prepárase para a Quedada de pesca de Fondo e Spinning.
- Setembro 17: O corcubionés Iván Costa sobe ao podio na Copa Sub-23 do Campionato de España de pesca submarina.
- Maio 17: O Campionato de Surfcasting feminino coloca Laxe no panorama da pesca deportiva estatal:
- “O Xallas é un dos mellores coutos de pesca de Europa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).