Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A sección feminina segue dando alegrías ao ACB Costa da Morte

A sección feminina segue dando alegrías ao ACB Costa da Morte
As feminas do ACB seguen dando alegrias As féminas do ACB seguen dando alegrías

A sección feminina segue dando alegrías ao ACB Costa da Morte, onde en sénior e júnior seguen nos postos de cabeza con sendas vitorias fóra en na casa. En canto ao sector masculino parece que lles esta custando máis do debido este inicio de campaña, e pese ao gran partido dos júnior, caían en Riazor, e os sénior e cadete seguen a buscar a súa primeira vitoria no campionato.

Por Carballo, a xornada puido ser moito mellor.

Familia AC

3ª División Sénior Masculina

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – TREBONS B.C (27-41)

Mal partido do equipo sénior en encadea a súa quinta derrota consecutiva e se lle resiste a primeira vitoria do ano. O equipo se plantaba na tarde do domingo no pavillón municipal de Cee cas baixas de Déril e Pais por traballo e de Alfredo por lesión e o equipo non foi quen de plantarlle cara a un equipo similar. Un mal comezo cun parcial de 1-13 para os coruñeses condenou os locais ao remolque todo o partido e pese a unha gran defensa durante todo o partido os múltiples erros no tiro, onde so Manu foi capaz de anotar de tres puntos condenou os costeiros á derrota, co tanteador mais baixo do que levan de temporada.

Á esta mala noticia lle seguiu a lesión de Diego nun nocello nos primeiros minutos do segundo cuarto o deixou fora do partido e do que queda de 2015 con case toda seguridade, sufre un forte esguice no seu pe dereito. A próxima xornada reciben a Idefic nun horario aínda por confirmar.

 

2ª División Sénior Feminina

  • Resultado: STA. MARIA DEL MAR – ES BAZARRA COSTA DA MORTE (53-56)
  • Parciais: 14-25 / 13-8 / 9-16 / 17-7.
  • ES BAZARRA: Sandra (14), Yaiza (8), Andrea (13), Fani (9, 2T), Lara (4), Sabela (2), Esther (6).

Completísimo partido das rapazas do sénior que encadean a terceira vitoria consecutiva ante un rival sempre difícil que plantou para ata o ultimo minuto do encontro. Un excepcional primeiro e terceiro cuarto, onde Sandra aprobeitou as múltiples ocasións de contragolpe, lles valeu as censes para gañar o partido. No ultimo cuarto a defensa férrea e dura das coruñesas, incluso agresiva, xunto ca permisividade do arbitro acercou marcadores pero finalmente as coruñesas non poderían remontar.
As censes aséntanse na 2ª praza da categoría a so unha vitoria do líder. A semana que vén reciben ao baloncesto Cambre en Cee.

 

2ª División Junior Masculino

  • Resultado: BASKET CORUÑA 99 – CE CUME CEE (49-45)
  • Ce CUME: Adrián (23, 1T), Cristian V., Diego (3), Nando (8), Cristian M (7, 2T)- cinco inicial – Xabi (2), Luci (2), Fran e Carlos.

Os júnior xogaron na tarde do sábado en Riazor un bo partido no que aínda que lles costou saír da presión do rival, sobre todo ao comezo do partido, unha boa defensa non lles deixou aproveitar eses erros ao rival. O Basket Coruña que contaba con doce efectivos e de maior envergadura física dominaron o rebote pero unhas malas decisións no ultimo cuarto lles deu a vitoria aos locais. Pese a derrota bo partido dos censes que estiveron a un paso de levarse o partido.

 

2ª División Junior Feminino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – BALONCESTO XIRIA (40-32)
  • ACB: Lorena (20), María (14), Maria A. (2), Lucia F. (2), Cintia (2), Vivi, Salome, Elena, Tania e Lucia O.

Excepcional partido das júnior que se levaron o derbi contra o Xiria de Carballo. O xogo baseouse na gran defensa e no ataque lideradas por María Castro e Lorena que se foi aos vinte puntos. Mantéñense na zona alta da liga mostrando nestes momentos o seu mellor xogo.

 

Resultados da base

  • Cadete masculino: ACB COSTA DA MORTE – CB ARTAI (28-62).
  • Infantil Feminino: ESCOLA BASKET XIRIA - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (38-32)
 

Familia Artai

2ª División Junior Masculino - xornada 6

  • Resultado: Resultado: CB ARTAI - CB CAMBRE (38-58)
  • Parciais: 08-15; 11-15; 10-14; 09-14
  • Artai (8 11 10 9): Cancela (2), Rául (7), Guiance (9), Gil (9), Fran (5), Luciano (6), Jota , Santi Rei, Santi Pena e Juan Rodriguez.

Os junior carballeses foron derrotados en casa ante o C.B Cambre. Un cúmulo de erros non forzados, propiciaba que o equipo visitante puxésese por encima no marcador nos primeiros minutos. No aspecto ofensivo, a présa por xogar o balón e os erros nas lecturas e en tómaa de decisións fixeron que o Cambre aproveitase os seus contraataques para finalizar en canastra. Defensivamente, falta de comunicación e moi desaxustados de face á defensa en 5x5.
A corrección dos erros por parte dos dous técnicos carballeses permitiu que os xogadores mellorasen no partido durante varias xogadas pero pronto recaerían nos mesmos erros, por falta de concentración e precipitación.

 

Carballo Basket

1ª Autonómica Masculina

  • Resultado: Carballo a un Paso Basket Xiria - CB Cambre (57-64)
  • Carballo a un Paso Basket Xiria: Javi Argüelles (4); Héctor (2); Roi; Tato (5); Cheik Kane (13)-Cinco Inicial- Guillamet; Tomé (16); Pablo Carballo; Fran Cristóbal (3); Luis Gómez; Pablo Moreira (14).

Cuarta derrota para o noso equipo sénior que pelexou con máis corazón que cabeza o encontro fronte o equipo de Cambre, no que nos voltaban a visitar en Carballo dous ex-xgadores do equipo EBA que tan bos momentos nos deixou no Vila de Noia, Fernando Lariño firmando 26 puntos e Luis Montenegro Monty que se quedou nos 5 puntos.
Os Cambreses marcaron o ritmo do encontro en todo momento no que, dende o primeiro cuarto, se alternaban as superioridades no marcador para un e outro equipo, decantándose para o equipo local ó chegar ó descanso, grazas o acerto no tiro exterior dos de Basilio Pampín, 33-29 á fin do segundo cuarto.
O mal terceiro cuarto lastrou os nosos, sen acerto de cara ó aro e falta de concentración defensiva decantou o mesmo para os visitantes cun parcial de 8-18 para irse cunha vantaxe de +7 ó termo do terceiro cuarto.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios