A Supercopa abríu a nova temporada a Liga de Futsal de Carballo
Deu o pistoletazo de saída a nova tempada da Liga de FS de Carballo, nada menos que a edición número 39. Fíxoo este pasado xoves no pavillón Carballo Calero, coa celebración dunha emocionante Supercopa Asesoría Cervantes. Enforntábanse “Bar Rosalía” de Ponteceso (subcampións do ano pasado xa que o campión da Liga Regular Alonso Moda non se presentou este ano) e “Cervecería O Pazo” de Pazos (Ponteceso), campión da Copa Hotel Restaurante Punta del Este, e o choque non defraudou.
Supercopa Asesoría Cervantes: Bar Rosalía - Cervecería O Pazo (4-5)
- Bar Rosalía sairían de inicio; Chata (16), Jose (10), Diego (8), Moisés (4) e Kevin (5), suplentes Iván (11), César (3), Rubén (7).
- Cervecería O Pazo sairían de inicio; Brais (1), Pablo (3), Juan (9), Rubén (10)¡ e Iván (14), suplentes Eloy (5), David (7), Manuel (11) e Richard (2).
- Redacción de QPC ([email protected]).
A primeira parte foi de claro de respecto mutuo, con poucas chegadas. Adiantábse O Pazo por medio de Juan, pero Moisés empataba de contado. Foise quentando o choque e David, Juan e Rubén metían en vantaxe aos do Pazo, quedando o marcador 2-4 ao descanso, mesmo tendo que parar Chata un doble penalti.
O Rosalía sairía máis forte na segunda, aproveitando que o Pazo saíu demasiado confiado e con menos tensión. Moisés metía o 3-4, pero un disparo de larga distancia e ben colocado daría un gol de respiro ó Cervecería O Pazo. Outra vez Moisés recurtaba deixando un 4-5 no marcador que non se movería ata o final, a pesar dos intentos do Rosalía.
Destacar os 4 goles anotados no partido por Moisés, máximo anotador tanto do seu equipo como do partido, e os detalles de calidade de Richard e David por parte da Cervecería O Pazo.
Ó remate do partido, e como non podería ser doutra maneira, os dous equipos foron convidados a uns pinchos na Cervecería Pirámide, novo patrocinador da Liga de Fútbol Sala de Carballo.
Calendario da Liga 17-18
Xa hai calendario da Liga para os 13 equipos deste curso: