mércores. 30.04.2025
El tiempo

A UD Corcubión agarda polas contas e unha nova directiva

A UD Corcubión agarda polas contas e unha nova directiva
Camiseta da UD Corcubion

Son cousas como estas as que fan dano a un clube da Costa. As rifas entre Presidente e Directiva, e máis cando chegan a asuntos persoais, sempre son malas para un un clube.

Tras un par de semanas de preguntas, malas contestacións, idas e vidas, o Tesoureiro, o vicepresidente e a vocal do clube presentaron a súa dimisión este mesmo luns 25 de xuño, se ben o Secretario xa o fixera o pasado venres. Uns directivos que mesmo pediron a dimisión do Presidente ao non lles presentar as contas do clube e ao non estar dacordo coas súas formas.

Pola súa banda o máximo dirixente da entidade branquiazul non entende que tras moitos meses sen ter constancia ningunha das contas, "de repente cheguen esixindo a contabilidade". Asegura estar tranquilo e lamenta que os directivos poñan no seu nome feitos non demostrados.

Queda só o Presidente, e sen directiva, o cadro da vila de San Marcos, á espera dunha Asemblea Xeral de Socios convocada para o sábado 6 de abril ás 20:00 en primeira convocatoria, ás 20:15 en segunda e ás 20:30h en terceira. Unha asemblea importante, porque servirá para dilucidar dúas cousas: a presentación das devanditas contas por parte do Presidente; e para a elección dunha nova directiva.


Máis información

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios