Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A vida de Donato nun libro con acento costeiro

A vida de Donato nun libro con acento costeiro
Hector Pose escribira a Biografia de Donato

Fermosa a iniciativa que arrinca unha voz bergantiñá. Xa o temos lido en numerosas ocasións co gallo do libro Mar de Paixón, esa colleita completa do Fútbol da Costa. Este 2015, o malpicán Hector Pose está inmerso nunha nova aventura, de cores branquiazul. Nada menos que a biografía do máis Donato, aquel que deu durante moitos anos “Forza para vivir” a toda a parroquia deportivista.

Pose non puido resistirse a escribir a longa traxectoria ante a personalidade do brasileiro. Xa anda visionando partidos da carreira polos campionatos cariocas, e falando con testemuñas para que lle aporten novas visións do eterno xogador. Xa ten falado con Jabo Irueta, Valerón, Aldana, Luís Enrique, Hierro, Cerezo, Gil Marín, Arsenio, Fran, Bebeto, Mauro Silva, Lillo, Unzué, Del Bosque… e anda detrás de Futre, Simeone, Xabi… E “ninguén fala mal futbolísticamente pero o que acrecente a súa figura son os comentarios tan positivos sobre a súa persoa”, recoñece o propio Pose.

Será un libro ben fermoso, dende logo. Aquí podedes escoitar a entrevista completa do corcubionés Fran Hermida na Coruña Deportiva da Cadena Ser a Donato e Héctor Pose:


Outro proxecto solidario

Ademais, Pose está promocionando un proxecto para levar material deportivo ao pobo saharaoui, en colaboración coa Ser Coruña. A súa visita aos campamentos de refuxiados, comprobando como un balón é un auténtico tesouro, obrigouno a intentalo, e a emisora coruñesa xa recolle calquera tipo de material que a veciñanza da zona queiran achegar ata a Praza de Ourense para envialo.

Novas relacionadas

Artigos do Mar de Paixón

Fonte

Comentarios