A xalleira Silvia Cancela, a gran novidade da nova directiva da RFGF
17:24 15/12/18
Silvia Cancela, terceira pola esquerda na fila de abaixo, coa nova directiva da RFGf
A gran novidade da nova directiva da Real Federación Galega de Fútbol ten acento xalleiro. Este venres Rafael Louzán presentaba o seu novo equipo tras refrendar a súa soberanía á fronte do ente federativo, entre o que destaca a presenza de Silva Cancela Blanco, concelleira de Deportes en Santa Comba e persoa moi vinculada ó Xallas.
Outra das novidades é José Luís Chantrero, responsable de comunicación. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/louzan-refrenda-a-sua-posicion-a-fronte-da-rfgf/