Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Xornada: a emoción vai en aumento

A Xornada: a emoción vai en aumento
As xornadas pasan e a emoción crece. Os partidos están a ser tremendos e cada vez máis decisivos. Varias frontes con derbis e encontros de máxima rivalidade, polémica arbitral incluída. Vamos co repaso, os números xa os tedes en www.futboldacosta.com. Alexandre e Julito mantiveron unha bonita pugna no derbi de Preferente En Preferente Norte tivemos un derbi moi intenso e disputado, con bo fútbol por momentos, e polémica arbitral, con penaltis non sinalados, outro sinalado que non tiña moita pinta de ser, un gol anulado ó Dumbría e vitoria final do Sofán con goles de Raúl e Eibe, que contrarrestaron o golazo inicial de Yuyo. O Xallas pola súa banda está a facer moi ben as cousas e venceu a un rival directo a domicilio, o Viveiro, nun gran partido. En 1ª Galicia, o Baio foi a única alegría da xornada. A súa vitoria por 6.1 ante o Silleda reafirma o proxecto de Diego Díaz. O Soneira, San Lorenzo e Fisterra caeron a domicilio, e sobre todo os dous últimos, están metidos en problemas. Na Liga da Costa, o Mazaricos venceu no partidazo con gol de David, e reafírmase como líder sólido. A Esteirana é o seu máis inmediato perseguidor, despois de vencer ó Muxía. O Baíñas e o sorprendente Monte Louro seguen con boas xeiras e persiguen ó líder. Puenteceso, Corme e Muxía descólganse despois das súas derrotas. Na zona baixa, o Coristanco caeu en Camariñas e ocupa o último lugar. Outes e Zas igualaron, e o Cerqueda derrotou ó Buño no derbi. O Lira respira despois da súa vitoria ante o Cee. Na 3ª Galicia, a vitoria do Muros ante o Cabana coloca ó cadro de Bibi de líder. O Camelle, que goleou sorprendentemente ó Ameixenda, ocupa agora a segunda plaza. O Volantes caeu en Castriz e sepárase un pouco da cabeza. As vitorias de Seaia, Laxe e Porteño fan que non se descolguen das posicións que dan acceso á promoción.

Comentarios