A xornada: a este paso non chegamos a decembro
21:27 29/10/17
Unha nova xornada de infarto, con emocións fortes, sorpresas, equipos que van hacia arriba e outros que se estancan. A este paso teremos que buscar caixas de tila en cantidades industriais para soportar as emocións que se aveciñan. Todos os resultados en www.futboldacosta.com.
En Preferente Norte, pésima xornada para os nosos. En xornada matinal a SD Sofán trouxo unha derrota lóxica da visita ó filial do equipo de moda, o Lugo. A poucos quilómetros un Dumbría de circunstancias sufría un duro correctivo a mans do Residencia. O peor foi o do Xallas, que parecía ter a vitoria no peto e fóronselle os puntos en Boimorto nos últimos sete minutos.
En 1ª Galicia, cambiaron as tornas. O Soneira caeu na casa ante o Chaián, e o Fisterra tampouco puido co veterano Flavia. Sen embargo os peor clasificados deron a cara: o Baio sacou un empate que puido ser vitoria no terreo do líder, e o San Lorenzo segue coa súa boa xeira e derrotou ó Unión en Verdillo.
Na Liga da Costa cedeu o líder os primeiros puntos ante o sorprendente Buño. O Puenteceso aproveitouse nos intres finais para levarse os puntos de Coristanco, e o Muxía segue a da que falar e derrotou ó Outes. O novo Baíñas goleou en Esteiro, e o colista Malpica rentabilizou as novas fichaxes e goleou ó Lira. O Zas tamén ganou con claridade en Camariñas, e outros dous empates en partidos emocionantísimos: Montelouro - Corme e Cerqueda - Cee.
Na 3ª Galicia Muros e Volantes reafirman o poder muradán e seguen ó firme líder, o Cabana, que ganou no partido da xornada ó Ameixenda. Laxe e Camelle acércanse á cabeza, e o Corcubión derrotou ó filial do Outes.