xoves. 01.05.2025
El tiempo

A xornada adiada por "Ana" cobrou forma

A xornada adiada por "Ana" cobrou forma
Sábado 30 de decembro e fútbol en moitos campos da Costa da Morte. Ó puro estilo "boxing day" británico, a 2ª e a 3ª Galicia remataron a xornada adiada o 10 de decembro, e tamén disputaron os seus encontros Dumbría e Baio. A pesar do intempestivo das datas houbo emoción, xente nos campos e datos que nos farán pensar nun futuro se o parón navideño é bo ou malo para o noso fútbol. En Preferente Norte, á espera do partido que disputa hoxe a SD Sofán, o Dumbría non puido sumar en Escairón e caeu derrotado ante o equipo local. Un solitario tanto de Quiroga no minuto 37 foi decisivo para o desenrolo do encontro. O Dumbría queda así en posicións de descenso para rematar o ano. O Dumbría volveu de vacío da viaxe máis longa da tempada En 1ª Galicia tamén caeu o Baio na súa visita a Riveira, cortando así a xeira de Diego Díaz no banco branquiazul. Madiop e Adam adiantaron ó Riveira no 1º tempo, recortou distancias o Baio de penalti por medio de Adrián Lema pero foi insuficiente. Foi expulsado Santi Díaz no minuto 55. Na Liga da Costa, partidazos con resultados sorprendentes. O Mazaricos mantén o liderato pero pinchou ante o Camariñas. Á media hora gañaba o líder con dous goles de Barbeira, pero o talentoso dianteiro camariñán Javi Antelo anotou dous tantos no segundo tempo, o segundo cando non faltaba nada e o Camariñas xogaba con 10 homes. Sen embargo non aproveitou o pinchazo a Esteirana, que perdeu 1-0 en Coristanco ante un gran cadro local, que así deixa o posto de colista. O Coristanco foi mellor equipo, anotou pronto cun golazo de Corral, e no segundo tempo puido sentenciar, pero Pazos marrou unha pena máxima e os de Pensado acabaron pedindo a hora. O Puenteceso acércase ó Mazaricos despois da vitoria de onte Si que reduciu distancias o Puenteceso, que venceu en Outes con tantos de Dieguito e Jorge e sitúase a 6 puntos do Mazaricos. En Corme viuse outra das clásicas remontadas locais, ante o Sp.Zas. Os visitantes gañaban 0-2 ós 10 minutos, pero viron como nun gran segundo tempo dous tantos de Alejo e un de Manu Bermúdez lle daban a vitoria ó Corme. Se Alejo afina o punto de mira o Corme será temible. Partido sorprendente en Louro onde os de Oscar Leis caeron ante o Buño por 0-3, todos os tantos nos últimos 10 minutos. O Buño escapa da zona de perigo, como o Lira merced á súa vitoria en Xaviña ante o Cerqueda. Un novo gran partido de Pesco, que delicia de xogador, foi a clave dun serio Lira, que dominou o primeiro tempo, pero sufriu despois da expulsión de Isma. Aínda con 10 homes Kike Paluca anotou un golazo de calidade, pero o Lira sufriu o acoso local, que tivo ocasións para igualar. O gardameta Peipo sacando unha man incrible a Mato e o poste, repelendo un córner directo do mesmo xogador, déronlle os importantes puntos ós visitantes. O Cerqueda non soubo como parar a Pesco Na 3ª Galicia tamén houbo sorpresas. A máis notable a vitoria no Nantón en Camelle, os primeiros puntos que deixa escapar o cadro local. Dez minutos de locura onde se viron 5 tantos deixaron o partido visto para sentencia par os visitantes. O Volantes igualou en Laxe nun partido moi bonito e de alternativas, e tamén empataron Castriz e Ameixenda. O Seaia derrotou por 2 - 0 ó Cabana, e con estos resultados o gran beneficiado da xornada foi o Muros sen xogar, pois viu como os 5 equipos que o perseguían non eran quen de ganar. A zona de promoción e o segundo posto de ascenso directo está que arde con 8 equipos en 5 puntos.   PREFERENTE NORTE: AT. ESCAIRÓN 1 - DUMBRÍA C.F. 0 DUMBRÍA: Iván Bouzón, Pablo Paz (José 65´), Raúl, David Carreira (Brais 79´), Aarón, Iago, Mackay, Rivi, Mataso (Edu 70´), Cespón e Yuyo (Mario 80´) GOL: 1-0 37´Rubén Quiroga O Buño levouse o partido nos intres finais 1ª GALICIA: AT.RIVEIRA 2 - C.D. BAIO 1 C.D. BAIO: Dani Varela, Mario, Adrián Lema, Yago Couto, Peque, Martín (Fachal 46´), Bieito, Diego Moreno, Iván Rojo, Rubio (Pablo Novo 57´) e Santi Díaz GOLES: 1-0 19´Madiop   2-0 31´Adam   2-1 55´Adrián Lema de pti Gran partido do Coris para derrotar á Esteirana 2ª GALICIA: OUTES C.F. 1 - PUENTECESO S.D. 2 OUTES: Antón, Borja, Cutu, Maroñas, Pose, Ramón, Elías, Babu, Yago Dosil, Alvaro e Joel. Tamén xogaron Saúl, David, Bruno e Juan. PUENTECESO: Xurxo, Martín Puente, Matías, Eloy Trigo, Carlos, Luca, Juanma, Recarey, Iván Rodríguez, Dieguito e Eloy Alvarez. Tamén xogaron Jorge, Iago García e Jose. GOLES: 0-1 38´Dieguito   0-2 57´Jorge   1-2 65´David Brea CORME C.F. 3 - SP. ZAS 2 CORME: Susiño, Jesús, Dani Cousillas, Pandi, Eloy, Uru, Brais Torrado, Lucas, Javi Peón, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén xogaron Toniño, Samu Costa e Isaac. SP.ZAS: Tivoli, Fabián, Alex, Josito, Manu Fuentes, Pablo Fuentes, Jaime, Isma, Rubio, Dani Mato e Bruno. Tamén xogaron Xoel e Andrés. GOLES: 0-1 3´Dani Mato   0-2 6´Rubio   1-2 54´Manu Bermúdez   2-2 55´Alejo   3-2 75´Alejo Os balóns parados foron a constante cando os equipos tiñan vento a favor U.D.MONTE LOURO 0 - BUÑO S.D. 3 MONTE LOURO: Iago, Abel, Pablo Vidal, Manolo Chouza, Pedro, Gelo, Alex Siaba, Raúl, Geiko, Gabri e Dani Corniños. Tamén xogaron David, Adrián, José e Juanma. BUÑO: Brais, David Alvarez, Manuel, Moscoso, Pablo, Fran, Petis, Dourado, Richard, Emilio e Martín. Tamén xogaron Adrián Rama, Juan Antelo, Alexander e Miguel. GOLES: 0-1 84´Juan Antelo   0-2 87´Juan Antelo   0-3 89´Miguel S.D. CORISTANCO 1 - S.D. ESTEIRANA 0 CORISTANCO: Diego, Mato, Lagoa, Javi, Samuel Vázquez, Jorge Lorenzo, Pazos, Cebey, Damián, Corral e Samuel. Tamén xogaron Figueiras, Braian e Miguel Mallo. ESTEIRANA: Roberto, Samu Pensado, Dani Rama, Josiño Alves, David, Xian, Pablo Rama, Eloy, Manu Tobío, Estévez e Rober Pladur. Tamén xogaron Brais e Cristian. GOL: 1-0 21´Corral MAZARICOS C.F. 2 - CAMARIÑAS F.C. 2 MAZARICOS: Toni, Manuel, Amoedo, Iago, Pereiro, Barbeira, Estéfano, Molinos, Manuel Luis, Ricardo e David. Tamén xogaron Martín e Orlando. CAMARIÑAS: Martín, Rodrigo Miñones, Rodri Santos, Moriño, David Pasantes, Javi Antelo, Mickael, Soule, Barreiro, Maikel e Diego Campaña. Tamén xogaron Adrián Bardanca e Anxo. GOLES: 1-0 14´Barbeira   2-0 34´Barbeira   2-1 51´Javi Antelo de pti   2-2 89´Javi Antelo U.D.CERQUEDA 1 - LIRA C.F. 2 CERQUEDA: Richard, Bastón, Pazos, Javi Souto, Dani, Atu, Manu Guillamet, Iván Mato, Méndez, Julián e Gonzalo. Tamén xogaron Cholo, Marcos Pensado, Eloy e Darío  LIRA: Peipo, Jano, Cartamil, Eloy, Javichu, Cristian, Miguel, Kike Paluca, Oliver, Pesco e Isma. Tamén xogaron José e Angel. GOLES: 0-1 19´ Kike Paluca  0-2 72´Kike Paluca   1-2 77´Martín Castriz e Ameixenda igualaron en San Pedro 3ª GALICIA: SP. SEAIA C.F. 2 - CABANA S.D. 0 SEAIA: Camafreita, David, Dani, Changui, Alvaro Ramos, Jose, Carracedo, Chols, Mara, Vistas e Josi. Tamén xogaron Jorge Parga, David Pérez e Darío.  CABANA: Víctor, Fernando, Manuel, Fariña, Samuel, Mateo, Dani, MAnolo, Cristian, Pablo Pose e Romero. Tamén xogaron Alessandro, Diego, Simón e Varela. GOLES: 1-0 52´Carracedo   2-0 74´Mara CAMELLE S.D. 2 - C.D. NANTÓN 4 CAMELLE: Caamaño, Sergio, Carlos, Pablo, Tedín, Barreiro, Angel Riveiro, Méndez, Alvaro, Vieites e Roi. Tamén xogaron Adrián, Canosa e David. NANTÓN: Guille, José Manuel, Pablo, Gavín, Diego, Martín, Fabio, Pereira, Pastoriza, Redondo e Micael. Tamén xogaron Lareu, Cristian, Moreira e Dani Bardanca. GOLES: 0-1 21´Fabio   1-1 22´Roi   1-2 23´Micael   1-3 27´Diego   1-4 30´Fabio   2-4 53´Barreiro Diego Mallo estivo moi seguro na meta do Coristanco CASTRIZ S.D. 1 - S.D. AMEIXENDA 1 CASTRIZ: David, Rubén, Toniño, Paredes, Adrián, Mata, Kevin, Steven, Nakata, Amarelle e Raúl. Tamén xogaron Jonathan, Matías e Iván Castro. AMEIXENDA: Poke, Oca, Camacho, Chucho, Castreje, Cristian, Pablo, Bicho, Juan Antonio e Adan. Tamén xogaron Andrés, Susiño e Yago. GOLES: 1-0 25´Raúl   1-1 38´Chucho de pti S.D. LAXE 2 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 2 LAXE: Eloy, Iván, Toja, Naya, Jacinto, Borja, Santi, Elías, Ventura, Bieito e Jorge. Tamén xogaron Samuel, Gora, Felipe e Paredes. VOLANTES: Javira, Tico, Rapante, Juan do Sivil, Mou, Thiago, Pardelo, Raúl, Maikel, Ricardo e Santiago. Tamén xogaron Alberto e Yeray. GOLES: 1-0 11´Jorge   1-1 51´Santiago   1-2 68´Rapante   2-2 83´Samuel O Outes é agora o colista da Liga da Costa

Comentarios