Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xornada: amplíanse as distancias

A Xornada: amplíanse as distancias
Tarde pasada por auga en moitos campos, que nos deixa líderes sólidos e ampliando distancias en 2ª e 3ª Galicia, estrenos exitosos de adestradores e un susto en Cerqueda, onde o xogador do Outes Martín Caamaño tivo que ser retirado en ambulancia ó recibir un fortísimo golpe no ombreiro e na espalda. Desexamos que todo quede nun golpe sen maior importancia. Recordade que ademáis, tedes todos os resultados en www.futboldacosta.com En Preferente Norte seguen as boas sensacións do Xallas, que igualou co Lugo B, sensacións que non se ven reflectidas en vitorias de momento, pero parece que chegarán. Sofán e Dumbría tiveron peor día, caendo os de Carballo nos minutos finais, e o Dumbría con claridade ante o líder. En 1ª Galicia, gran vitoria do Soneira nun durísimo partido contra o Bertamiráns, e non menos importante a do Fisterra ante o colista Tordoia, no estreno de Noé. O San Lorenzo obtivo unha igualada meritoria ante o Flavia, e o Baio, no que debutou Iván Rojo, non foi quen de sumar ante o Cordeiro. Na Liga da Costa, un patrón que manda con man firme. O Mazaricos non cede e derrotou con solvencia ó Malpica. Ademáis viuse favorecido polo pinchazo do Puenteceso en campo da revelación Montelouro, que está a repetir o fantástico inicio de tempada do ano pasado. Corme, Muxía, Baíñas e Esteirana non fallaron, e seguen no grupo cabeceiro. Pola cola, sae favorecido o Cerqueda, vencedor do Outes, e o Camariñas e o Lira firmaron unha igualada xusta. Na 3ª un líder sólido, o Volantes que se aproveitou dos pinchazos de Cabana e Muros para meter terra de por medio. So Camelle e Laxe venceron dos de arriba, para seguir a igualar a parte alta da tabla clasificatoria. Moi meritoria a vitoria do Outes B, a primeira da tempada, ante un dos favoritos, o Cabana.

Comentarios