Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Xornada: frenazo ós líderes

A Xornada: frenazo ós líderes
Foi a nota destacada da xornada: a derrota dos líderes de 2ª e 3ª Galicia. O Corme venceu ó Mazaricos no Cairo acabando coa imbatibilidade dos amarelos, e o Ameixenda, amarelo por curiosidad, venceu ó Volantes de Baño. Na 3ª, aínda así, o Volantes continúa líder perseguido por un grupo de 5 equipos separados so por 3 puntos. O Cabana venceu ó Laxe, o Seaia ó Castrelo e o Castriz ó Porteño nun partido de goles. O Nantón impúxose ó filial do Outes e Camelle e Corcubión igualaron noutro encontro con moito acerto nas porterías. Na Liga da Costa, o Corme puido co Mazaricos, na primeira derrota do líder. A Esteirana sumou tres en Malpica pero o Puenteceso so empatou co Cerqueda, e ambos quedan a 4 puntos do líder. Baíñas, Corme e os sorprendentes Muxía e Montelouro forman un grupeto xa escapado da zona baixa. Moita igualdade na cla, con 8 equipos en 3 puntos, onte o Coristanco igualou en Lira, o Zas caeu novamente derrotado na casa e o Cee aproveitou o mal momento do Outes para infrinxirlle unha dura goleada. En 1ª Galicia, no derbi, igualada entre Baio e Fisterra, con goles de Andrés Vigo e Santi Díaz. O Soneira caeu nunha mala tarde sabatina co colista, e o San Lorenzo igualou remontando en Bertamiráns, con tres tantos de Iván Parafita. Na Preferente non levantan cabeza os nosos. O Xallas segue sumando, pero so a base de empates, esta vez en Lugo ante o REsidencia, e o Dumbría e Sofán caeron goleados en Viveiro e Paiosaco. Todos os resultados en www.futboldacosta.com

Comentarios