Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A zasense Ana García, 3ª infantil no Torneo nacional de Alcobendas de tenis de mesa

A zasense Ana García, 3ª infantil no Torneo nacional de Alcobendas de tenis de mesa
a-zasense-ana-garcia-3-en-alcobendas A zasense Ana García foi 3ª en Alcobendas (na foto a 2ª pola dereita)

5 xogadores de tenis de mesa da comarca, acompañados polo seu entrenador Miguel Rey, desprazáronse a Alcobendas para disputar alí o Torneo Nacional durante os días 6, 7 e 8 de xaneiro. Foron 4 membros do AD Zas (Gonchu, Brais Blanco, Alex e José Angel) e unha (Ana García) que fichou esta temporada polo Club del Mar de A Coruña pero que entrena e fai vida en Zas, xa que é natural de Lamas (parroquia de Zas).

E foi Ana García a que conseguiu o obxectivo polo que se desprazou ata Alcobendas e, que era clasificarse para o Estatal de Valladolid onde estarán os mellores xogadores de toda España en cada categoría de tenis de mesa. Conseguiuno cun torneo brillante de principio a fin. Así no seu grupo foi primeira derrotando a todas as súas rivais, logo no cadro final so perdeu en semifinais, 1-3 coa que logo sería a campioa, e finalizou cun 3-0 para acadar o 3º posto final. Agora a seguir entrenando para dar o máximo nos partidos das ligas que xogue enos torneos en que participe, pois como moi ben pon ela no seu perfil das redes sociais “os trofeos gáñanse nos entrenamentos, aos torneos vanse recoller”

Ana Garcia co sua medalla e rodeada polos xogaderes do AD Zas Jose Angel Brais e Alex Ana García coa súa medalla e rodeada polos xogadores do AD Zas Jose Ángel, Brais e Alex

Gonchu, Brais, Alex e José Ángel non conseguiron o obxectivo de clasificarse para o estatal, xa que ese era o polo que se desprazaron ata Alcobendas. Na súas categorías tíñano moi difícil pois enfrentáronse a xogadores que participan en categorías máis altas ca eles, como pode ser 1ª nacional e incluso división de honra. Só Brais e Alex conseguiron gañar un partido. Pero esta experiencia serviralles para moito, por un lado para valorar a que nivel están con respecto aos demais en España e por outra banda traspasar o aprendido nestes días, que foi moito, a todos os seus compañeiros de clube.

Nova¡ xornada

Retómase a liga de tenis de mesa e no caso de AD ZAS con poucos partidos. Sábado 14 de xaneiro en Zas as 17'00 h. 1ª galega AD ZAS CONSTRUCCIONES CERNADAS - ARTEAL VENTANAS 2ª GALEGA AD ZAS O PINAR - SANTA COMBA Ademais o domingo 15 de xaneiro 26 deportistas da comarca desprazanse ata Sigüeiro para participar na liga de afeccionados que organiza Oroso TM. Nesta liga participan os que están empezando neste deporte e como resultado do espallamento que do tenis de mes se fai dende o AD ZAS pola comarca sae o gran número de participantes nesta xornada. Desprazarans enun autobús fletado polo Concello de Zas ao que aproveitan dende aquí para darlle as grazas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios