Aberto o prazo de inscrición para a 10K de Carballo
07:08 10/04/18
Xa está aberto o prazo de inscrición para a 10K, a carreira popular que organiza o concello de Carballo desde hai oito anos. A cita será o domingo 17 de xuño, e as anotacións poderán realizarse ata o 13 de xuño ou ata acadar as 1.250 prazas nas categorías sénior e veteranos/as e as 750 o resto de categorías.
A 10k forma parte desde a súa creación do "Circuíto provincial de carreiras populares Deputación da Coruña", composto por trinta probas. A cita carballesa é a segunda en puntuación de todo o circuíto, conseguindo superar a probas de gran tradición que levan máis de trinta edicións, o que confirma unha mellora continua que a convirte con tan só oito edicións nun referente do calendario atlético popular da provincia.
As inscricións poden materializarse dende a web www.championchipnorte.com e serán gratuítas para as categorías de base, mentres que para a carreira absoluta de 10.000 metros establécese unha cota simbólica de 2 €, ca que se agarda evitar inscricións de deportistas que logo non comparecen. Na edición 2017 anotáronse 1.941 deportistas de todas as categorías.
O circuíto de 10K segue a ser o das últimas edicións, homologado, e con récords masculino e feminino de 32:47 e 34:31 acadados por Abdelaziz Fatihi e Paula Mayobre.
Novas relacionadas
- 2017: Carballo comeza cos preparativos da 10k
- 2016: Esgotadas as 1400 prazas da 10k de Carballo
- 2016: A 10K Carballo xa ten máis de 600 inscritos
- 2016: A carreira nocturna por parellas regresa a Carballo
- 2015: Máis de 1300 inscritos na carreira 10k Carballo
- 2015: A nocturna de Carballo, unha carreira para integrar.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo