Aberto o prazo para a III Legua Irmandiña
21:09 26/05/17
Imaxe da Legua Irmandiña do ano pasado
No marco do Asalto ao Castelo de Vimianzo, e tras ir preparando a Feira de Artesanía e o fantástico cartel do festival musical, toca facer algo de deporte antes da troula. Así, a organización prepara a 3ª edición dunha especial carreira que se celebra o sábado 17 de xuño. A distancia está baseada nas antigas unidades de medida, sendo a maior coincidente cunha Legua (aproximadamente 5 quilómetros e medio).
A carreira nace imbuída do espírito do Asalto, de tal xeito que a chegada ao Castelo estará ambientada e decorada, máis alá dese momento final monumento e da competición organizada no morrer do día. Agradécese que as persoas asistan á carreira vestidas de irmandiñas.
Todas as idades terán acubillo nas distintas categorías que conforman a carreira. Alén disto, por segundo ano, contaremos cunha carreira protagonizada por persoas con diversidade funcional, co gallo de contribuír a inclusión destas persoas na sociedade.
Novas relacionadas
- Asalto 2017: Muchachito e Festicultores Troupes únense ao cartel do XXII Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2017: Asociacións e grupos da Terra de Soneira invitados a participar no desfile das Irmandades Parroquiais do Asalto ao Castelo
- Asalto 2017: Xabier Díaz e Herdeiros da Crus tocarán na XXII edición do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo
- Asalto 2016: Dezaoito pinchos irmandiños poñen o toque gastronómico do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo premia aos mellores traxes medievais e ás fachadas mais singulares
- Asalto 2016: Os irmandiños presentan o cartel do XXI Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Póñense á venda as primeiras entradas para a Cea Medieval do Asalto
- Asalto 2016: Ábrense as inscricións para a VI feira artesanal do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os hostaleiros de Vimianzo prepáranse para os pinchos irmandiños
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo quece motores cunha reunión organizativa
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Asalto ao Castelo