Adrián Lema guiará o barco do Muxía
Será Adrián Lema, ex do Laxe, o que leve o equipo o ano que vén na Liga da Costa, despois de asinar o contrato co presi, un Álvaro que segue a fronte do barco vermello.
A vindeira semana meteremos a completa táboa do Mercado de Fichaxes 2017/2018, cos novos adestradores confirmados. O asunto do título este ano provoca algún que outro barro e deixa no aire a varios adestradores deste pasado curso, como Pato, que terá que deixar o banco do Ameixenda.
Sabemos hoxe que Alfredo Cambeiro que continuará a fronte do Outes, e seguimos pendentes dos banquiños de Fisterra (aínda de resaca), de Corme (de convencer a Lente), Laxe, do Volantes (xa andan en negociacións con varios adestradores) ou do Outes B.
Onde están as cousas máis complicadas é por Zas e Cee, tendo en conta que non hai relevo trala dimisión das súas directivas. Parecen días imporantísimos para o futuro dos clubs. O Zas ten unha asemblea vital este venres.
Máis movementos de verán
- Diego Lobelos, Óscar Leis, Paco, Dani Calvete, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa.
- Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF:
- Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).