Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015
En marcha unha nova tempada no Fútbol da Costa. Arrinca xa a 2014/2015 e como cada verán, o mercado de fichaxes chega a parecerse ao da 1ª División. Unha cifra que fala por sí soa: 14 novos adestradores…
Comezamos un pequeno repaso:
2 equipos na Preferente
Este curso teremos finalmente dous equipos nunha Preferente que arrinca o 31 de agosto e que xa ten calendario. O Dumbría, trala fantástica temporada do ano pasado, buscará o reto de manter o nivel e seguir pelexando por achegarse ao ascenso á 3ª. Este ano seguirá José Canosa á fronte, coa colaboración dun home que pode ser sinónimo de futuro: Diego Lobelos, que ademais manterase á fronte dos xuvenís de Liga Galega.
Os dumbrieses terán que superar as duras baixas deste verán, pois varios dos seus mellores xogadores deste ano marchan de volta tras unha campaña cara Santa Comba. Así, os Julián, Jota, Couto, Doro, Oscarín e Pablo Muíño vestirán a camisola bicolor do XSC, adestrado de novo por Rubén Coméndez. O cadro xalleiro buscará estar moi moi arriba, tras un verán de incertidume, no que a renuncia do Ourense lles permite manter a categoría.
Unha 1ª moi costeira
Ata 6 equipos costeiros arrincan o 7 de setembro na 1ª Autonómica. O Soneira, con José Ángel á cabeza, buscará recuperar a categoría perdida tras un mal ano na Preferente. O que quere repetir, e mellorar, a gran campaña do ano anterior é o Malpica, este ano comandado polo pichichi actual, Óscar Suárez. Estará tamén o decano, o Baio, con ilusión de repetir a boa 6ª praza do ano pasado. Os de Félix manteñen o bloque, formado por xente da casa, e xa teñen un par de caras novas, o laxense Saleta e o ex do Bergan Dani Varela. Pola súa parte, hai cambios na Esteirana. Será Juan Rey Cambeiro o que tome a dirección dun equipo que ten baixas importantes, pero que tamén fichou bos efectivos dos equipos muradáns.
Estrearanse 2 equipos este curso na 1ª, o Corme, flamante campión da Liga da Costa; e Sofán, ascendido tras unha fase de infarto. O cadro azulón, fiel á súa filosofía, non cambia nada. Con Lentejo no banco e os mesmos homes do ano pasado, buscarán levar o seu fútbol pola provincia. Mentres, Josito será o novo míster coa axuda do camariñán Pirucho, dunha SD que segue co seu gran proxecto para afianzase na categoría.
Unha 2ª tremendamente igualada
Sen favoritos comezará o vindeiro 7 de setembro a 2ª Autonómica, a Liga da Costa. Ou con moitos, a dicir verdade. Podemos nomear como candidatos ao ascenso aos recén descendidos Camariñas e Ponteceso, moi renovados mesmo no banco con Gerpe e Marco ao mando; ao Zas, que mantén a estrutura de Iván Cancela; ao Outes, con Manu Roque, Mellor Adestrador da Costa a seguir facendo historia; o novo Fisterra, con Nacho á fronte; ou propio Cee, este curso con novo presidente, José Carlos, e Rafa Suárez, ex dos xuvenís do XSC, no banquiño.
Despois haberá un grupo de equipos moi amplo que buscarán non pasar problemas. Comezando polo Carnota de Alfredo Cambeiro, que sempre parte dende abaixo e sempre acaba na zona de arriba; ou o Buño, que estrea míster, Chema Rivadulla. Tamén o Cabana, mesmo adestrador, Raúl Periscal, e mesmo bloque, recuperando a xente da casa como Miki Pose e apostando polos xuvenís como Iván Mato e Dani Mato. Mentres, o Castriz mantén ao adestrador do último treito da campaña pasada, Esteban Blanco, e ten moitas caras novas. Para caras novas as dos banquiños do San Lorenzo e Mazaricos. Pedro Gómez e Néstor dirixirán aos vermellos e aos amarelos, buscando non pasar os apuros deste curso. Coa mesma intención manteñen Porteño e Camelle os seus bloques e os seus adestradores, Roski e Pupus. Máis cambiado presenta este Volantes, que recolle numerosos xogadores do finado Muros para dar un salto de calidade da man de Felipe Candamo, e non ter que salvarse gracias ao ascenso doutro club.
3 debutantes ten a categoría, e dous por primeira vez na súa historia. Ollo ao Baíñas, que a pesar de ser o seu 3º ano de historia, xa se sabe que cando o seu presi se pon en serio, pode pasar de todo. Mantén as súas estrellas o cadro que este ano dirixe Mario de José, pero é que ademais fichou a xogadores do Malpica, do XSC ou do Mazaricos. Jurjo mantén o bloque do Montelouro e recupera a algún xogador que estaba no Muros ou no Soneira. Ademais, o Seaia, na súa 2ª campaña, afronta todo un reto. Tato buscará afianzar o club na Liga da Costa.
Curta pero intensa 3ª Autonómica
Só 9 equipos parten de inicio nesta 3ª Autonómica que comezará o 7 de setembro, o que implica que todos estarán na pomada ata o último suspiro. Partirán o recén descendido e eterno ascenso Corcubión, co obxectivo do ascenso co proxecto de Carlos Lema. Ás portas do ascenso quedou un Ameixenda que aposta por todo da man do eterno adestrador costeiro, Manolín, e boas fichaxes procedentes de Cee e Corcubión. O Coristanco de Da Silva tamén apunta alto, igual que o Lira, que mantén a identidade de Pedrosa.
Buscará Luís Giancé seguir facendo do Nantón o eterno candidato, e Suso Rey pretende dar un salto con este Muxía. Outro equipo que ten que aspirar a máis é o Cerqueda, este curso con moitas caras novas, incluída a do novo míster Emilio Uzal. Novo míster ten tamén o Laxe, Chamy, e buscará meterse na fase de ascenso.
Mención aparte merece o renovadísimo Castrelo, que quere deixar de ser a “cenicienta” da 3ª. Roland Caamaño acompañará a Cardexo na dirección técnica dun equipo que xa está adestrando forte e que xa ten 6 fichaxes confirmados e outros tantos a proba.
Mágoa non poder ver este curso competindo ao Corcoesto, que non puido xuntar un bloque importante e moitos dos seus xogadores xogadores pasarán aos Veteranos. Tampouco o IDC conseguirá volver á competición.
Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015
Máis información
Novas relacionadas
- Dumbría e XSC xa teñen o calendario da Preferente 14/15 en www.futboldacosta.com.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).