Martes. 30.04.2024
El tiempo

Andrea Pérez abre a tempada do Piragüismo Dumbría

Andrea Pérez abre a tempada do Piragüismo Dumbría

O debut do CDM Dumbría na copa de España de Slalom pode ser considerado coma bo, despois de que Andrea Perez, a palista mazaricá do clube dumbries, conseguira no seu debut coma xuvenil un excelente 4º posto. A nova deportista colouse nunha final na que so cinco deportistas da súa categoría foron capaces de pasar o corte, dada a dificultade do trazado da mesma. Na final, e vista a súa mala racha nestas rondas decidiu non arriscar, e conservar, co que mesmo así rozou as medallas con un cuarto posto que sabe a triunfo no debut.

En canto o resto da expedición do CDM Dumbría, nin Aarón Nuñez, en K1 senior, nin Marco Oreiro foron quen de pasar o corte.

Na Clasificación xeral por equipos na Copa de España da Liga Nacional de slalom olímpico disputada na localidade francesa de Pau atopamos varios clubes galegos. Ocupando a 6ª posición (Tea de Mondariz), 9ª (Val Miñor Frioya), 11ª (Dep. Miño), 13ª (Penedo), 14ª (Baiona), 16ª (Dumbría) e 17ª (Montaña Quixos), e onde os mellores resultados foron para o San Sebastián, o Cadí de la Seu d´Urgell e o Santiagotarrak, de Irún.

Vindeira cita

Por outro lado este fin de semana se inicia a Copa Galega de Promoción de Slalom, reservada as categorías máis novas, da que os de Dumbría son os subcampeóns da Copa Galega. O Debut será en Tomiño este vindeiro domingo, e dende o clube hai espectativas de obter moi bos resultados.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría.

Comentarios